Blogues

RAP DE MANUEL MARÍA

 SE QUERES ACCEDER AO RAP DE MANUEL MARÍA FAI CLIC NOS ENLACES.

 

 

Consta de 5 apartados:

1) Película e canción.

2) Letra canción word.

 

3), 4) e 5) Canción en formato mp3 para poder ser descargada e empregada por profes e alumnado de outros centros. Hai 3 versións da canción: Unha interpretada por un profe do cole, outra interpretada por alumn@s e profe en prácticas e unha terceira  instrumental para que poida ser cantada libremente por outros profes-alumn@s, ao seu xeito!

 

LETRAS GALEGAS 2016- MANUEL MARÍA

LETRAS GALEGAS 2016

 

 

Material didáctico elaborado polo profesorado do CEIP Antonio Fernández, con motivo da celebración do Día das Letras Galegas e na honra do escritor Manuel María. Consta de 3 partes principais:

1) Rap de Manuel María. Curtometraxe que mostra coma unha mestra comeza un traballo de investigación cos seus alumnos sobre Manuel María que... pasado un longo traballo,...remata na creación dunha canción sobre a vida e obra do escritor.

2) Recitado dunha serie de poemas de Manuel María.

 

3) Paquete de actividades Lim sobre Manuel María, adaptadas ás etapas de Ed. Infantil e Primaria.

 

Procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2016/2017

CALENDARIO DE MATRICULACIÓN

CURSO ACADÉMICO 2016-2017

 

Información

Orde do 12 de marzo de 2013 polo que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado (DOG) 

 

RESERVA DE PRAZA

  • Do 1 ao 15 de febreiro para os centros adscritos 

PUBLICACIÓN DE VACANTES PARA EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA

  • Antes do 1 de marzo 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDE DO NOVO ALUMNADO

  • DO 1 ao 29 de Marzo


Segundo a Orde do 12 de marzo de 2013, "só se pode presentar unha única solicitude no centro no que se solicita proza en primeiro lugar, advertindo que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle. Que o alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta a solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicalo, antes do inicio do prazo de presenación de solicitudes de asmisión" (DOG nº 53, de 15.03.2013)

Anexo II: Forumularios de admisión (galego)

 

PUBLICACIÓN DE LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS

  • Antes do 25 de abril

PRAZO DE RECLAMACIÓN

  • Do 28 de abril ao 5 de maio

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS

  • Antes do 15 de maio.

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA

  • Do 20 ao 30 de xuño

O alumnado matriculado nun centro ten garantida a súa permanencia ata a finalización das  ensinanzas.

ENTROIDO 2016

UN ANO MAIS CHEGOU O ENTROIDO, E COMO NON PODÍA SER MENOS NO CEIP ANTONIO FERNÁNDEZ LÓPEZ TIVEMOS FESTA RACHADA.

ESTE ANO O TEMA CENTRAL FOI:

UN PASEO POLA HISTORIA

OS NENOS DE EDUCACIÓN INFANTIL FORON OS CAVERNÍCOLAS DA NOSA FESTA.

 

TAMÉN CONTAMOS COS ROMANOS, SEN FALTAR ASTERIX E OBELIX, EN 1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 

EN TERCEIRO LEMBRÁRONNOS AS DAMAS E OS CABALEIROS DA IDADE MEDIA

 

EN CUARTO O LONXANO OESTE

 

E OS FUTURISTAS FORON OS DE 5º E 6º

 

 

 

NADAL 2015

NADAL 2015

UNA ANO MAÍS QUEREMOS DESEXARVOS QUE PASEDES UN BO NADAL, FIXEMOS UNHA FELICITACIÓN MULTIMEDIA COMA EN ANOS ANTERIORES. ESTÁ COLGADA EN YOUTUBE, SE QUEREDES VELA FACEDE CLIC NA IMAXE.

 

 

UN ANO MAIS CELEBRAMOS O FESTIVAL DE NADAL NO NOSO CENTRO.

OS NENOS E NENAS DE EDUCACIÓN INFANTIL  CONVERTÍRONSE EN PERSONAXES DE CONTOS QUE ACUDIRON A BELEN COS SEUS AGASALLOS.

 

TIVEMOS  A CARRAPUCHIÑA, O LOBO, A AVOA, OS TRES PORQUIÑOS, RATIÑAS, O FRAUTISTA DE HAMELIN,BRANCANEVES E O PRINCIPE, OS ANANIÑOS.... TODOS CANTARON E BAILARON XENIAL

OS PASTORCIÑOS DE PRIMEIRO DE PRIMARIA TAMÉN LLE LEVARON PRESENTES AO NENO XESÚS.

OS DE SEGUNDO

 

EN TERCEIRO VIMOS COMO NOS DESEXABAN FELIZ NADAL OS NENOS DE DISTINTAS CULTURAS

 

 

EN CUARTO ESTÁ A PERRUQUERÍA COS ESTILISTAS MAIS FAMOSOS DO MUNDO MUNDIAL

 

 

 EN 5º E 6º TEMOS UNS REPORTEIROS MOI FAMOSOS QUE VEÑEN RETRASMITIR AS NOVAS ACONTECIDAS EN SANTA CRUZ DE OURAL

O HORTIÑO DO COLEXIO DE OURAL

PAZ 2015

COMA EN ANOS ANTERIORES CELEBRAMOS NO NOSO CENTRO O DÍA DA PAZ, CON MURAIS, FIXEMOS A SOPA DA PAZ, CANCIÓNS, BAILES...

 

Distribuir contido