Secretaría

GRATUIDADE LIBROS DE TEXTO 2014-2015

GRATUIDADE LIBROS TEXTO 204-2014

PINCHA NO ENLACE PARA ACCEDER Á CONVOCATORIA

Obxecto da convocatoria e principais novidades

O obxecto desta orde é convocar axudas para a adquisición de libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, en educación secundaria obrigatoria ou en educación especial, en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, para o seu uso no curso escolar 2014/2015.

As principais novidades desta convocatoria son:

1. A finalidade das axudas é a adquisición exclusivamente de libros de texto (non se pode adquirir con cargo ao vale material didáctico nin complementario).

Non obstante, o alumnado matriculado en educación especial, así como aquel que teña recoñecida unha discapacidade igual ou superior ao 65% poderá adquirir os libros, material didáctico e complementario que o centro docente determine en cada caso.

2. O alumnado ten a obriga de conservar en bo estado os libros de texto adquiridos na súa integridade con cargo ao importe das axudas, así como incorporalos,  ao rematar o curso escolar 2014/2015 (xuño ou setembro, segundo o caso), a un fondo solidario que se constituirá no centro (banco de libros),

Exclúese desta obriga ao alumnado de 1º e 2º de educación primaria, así como o de educación especial e aquel cunha discapacidade igual ou superior ao 65%, nos casos en que o material adquirido con cargo á axuda non poida ser reutilizado.

REQUISITOS: ter unha renda per cápita familiar inferior a 9000 euros.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: do 2 de xuño ao 2 de xullo ámbolos dous inclusive.

 

LIBROS DE TEXTO CURSO 2013-2014

PREME NA LIBRETA SE QUERES VER A LISTA DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2013-2014

ADMISIÓN 2013-2014


APERTURA DO PRAZO DE SOLICITUDE DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2013-2014

PRAZO: do 5 ata o 17 de abril de 2013

 

Documentación:

  • DNI do pai e da nai do alumno/a.
  • DNI do alumno/a ou copia do Libro de Familia.
  • Tarxeta Sanitaria do alumno/a.
  • Cartilla de vacinación.
  • Dúas fotografías tamaño carnet.
  • Impreso de solicitude de admisión (Será facilitado no Centro).
  • Autorización publicación imaxe do alumno/a na Web do Centro (Facilitaráselles no centro).

* O pai/nai do alumno/a deberá comunicar no momento de formalizar a matrícula se desexa que o seu fillo/a reciba clases de relixión. Tamén deberá asinar a súa aceptación ou denegación de permiso para fotos, vídeo do alumno/a e para a súa publicación na Web do centro ou na revista escolar.

COMEZO DO CURSO ESCOLAR 2012-2013

O DÍA 12 DE SETEMBRO COMEZA O CURSO ESCOLAR 2012-2013.

O HORARIO É DE 9:30 A 15:30.

FELIZ CURSO 2012-2013!!!!!!!!!!!!

CURSO 2011-2012

TRIPTICO INFORMATIVO DO CURSO 2011-2012

Distribuir contido