EXCURSIÓN A MONFORTE- INFANTIL

Os nenos e nenas de infantil foron de excursión. A súa primeira parada foi o viveiro "Os Trollos" onde José lles ensinou un montón de cousas interesantes.

 

A súa segunda parada foi no museo do ferrocarril en Monforte. Alí viron trens moi antiguos e ata se subiron en varios deles.

 

CONVIVENCIA CO COLE DO INCIO

O mes pasado tivemos unha visita moi especial, a dos nenos e nenas do cole do Incio. Cando chegaron fixemos varios xogos pa coñecernos todos un pouco mellor. Despois, tivemos a actuación do mago Carlos, que nos sorprendeu con numerosos trucos de maxia que deixaron aos nenos e nenas abraiados. Aquí vos deixamos unha pequena mostra do ben que o pasamos. 

 

 

 

 

SAÍMOS NA PRENSA!

 

Pincha na imaxe para acceder a noticia

A pota que trota- DÍA DO LIBRO 2019

Os nenos e nenas de 2º de Educación Primaria, con motivo do día do libro, realizaron este audiolibro para fomentar a lectura desde as ideas máis temperáns.

 

PLANTAMOS O NOSO MONTE- VOZ NATURA 18-19

Este ano no noso cole levamos a cabo o proxecto "Plantamos o noso monte" desde Voz Natura. Neste vídeo contámosvos todo o traballo que fixemos nos últimos meses. Con el, queremos animarvos a todos a seguir o noso exemplo, para que non esquezades nunca, que sen montes, sen árbores e sen plantas non podemos vivir.

 

CONTACONTOS EN SARRIA

 

Onte os alumnos e alumnas de Infantil, 1º e 2º de Primaria asistiron as actividades  da "Semana das letras e lecturas" organizadas polo concello de Sarria.

 

 

 

CONTACONTOS NO OURAL

Onte tivemos unha visita moi especial no Oural. Visitounos Raquel Queizás, unha contacontos patrocinada pola concellería de Cultura e Igualdade de Sarria na semana das letras e da lectura.

  

Horto Escolar- VOZ NATURA

Fai unhas semanas, os nenos e nenas de Infantil e 1º de Primaria plantaron no horto leitugas, cebolas, fresas, tomates, pementos e outras verduras. 

Distribuir contido