SAMAÍN E MAGOSTO 2019
Enviado por admin o Xov, 31/10/2019 - 10:47Os nenos e nenas do cole de Oural, como xa é tradición cada Samaín, decoraron cabazas xunto coas súas familias. Aquí vos deixamos unha foto co resultado do seu traballo.
Tamén houbo moitos disfraces.
Durante a mañá tamén fixemos varios xogos como a castaña ao cesto, a pesca das castaña, a ra, a castaña GP ou as carrilanas. Pasámolo en grande!
E este ano despois dos xogos.... O TÚNEL DO TERROR!
E despois de comer non podía faltar o MAGOSTO!
XA TEMOS MASCOTA DA BIBLIOTECA!
Enviado por admin o Lun, 21/10/2019 - 14:21Entre todos os deseños que elaboraron os alumnos e alumnas do Ceip Antonio Fernández López....
A mascota elixida pola maioría do alumnado foi a seguinte:
O SISTEMA SOLAR
Enviado por admin o Lun, 21/10/2019 - 14:12Os nenos e nenas de 3º están traballando na clase o sistema solar e fixeron este fermoso mural.
VIVIR
Enviado por admin o Ven, 18/10/2019 - 15:00Os nenos e nenas do Ceip Antonio Fernández López fixeron un lipdub da canción Vivir de Rozalen e Estopa para conmemorar o 19 de Outubro, Día Internacional Do Cancro de Mama. Preme na imaxe para ver o vídeo.
CHEGOU O OUTONO A CLASE DE INFANTIL
Enviado por admin o Lun, 14/10/2019 - 14:33Estas semanas os nenos e nenas de infantil estiveron aprendendo que froitos podemos recoller no outono. Para recordalos todos fixeron este fermoso mural.
DESPEDIDA 6º
Os nenos e nenas de 6º de Primaria sorprendéronnos o último día cunha actuación brillante na que recordaron as cancións e bailes que máis lles gustaron durante o seu paso polo cole de Oural.
Desde o cole tamén quixemos darlles as gracias por todo o que nos aportaron estes anos, e recordarlles, como di no vídeo "Non vos esquezades que aquí quedamos, desfrutando os vosos logros e coas mans tendidas se algunha vez nos necesitades".
EXCURSIÓN A MONFORTE- INFANTIL
Os nenos e nenas de infantil foron de excursión. A súa primeira parada foi o viveiro "Os Trollos" onde José lles ensinou un montón de cousas interesantes.
A súa segunda parada foi no museo do ferrocarril en Monforte. Alí viron trens moi antiguos e ata se subiron en varios deles.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- …
- seguinte ›
- última »