ENTROIDO 2020

Os nenos e nenas de infantil montaron o primeiro museo de arte de Oural.

.

 

O alumnado de 1º e 2º de Primaria concursaron no Mira Quen Baila en Oural.

 

Os de 3º formaron unha tuna.

 

 

 En 4º e 5º rodaron unha película: Comando R.

 

Os arquitectos de 6º fixeron acrosport.

DIA INTERNACIONAL DA SÍNDROME DE ASPERGER

O 18 DE FEBREIRO CONMEMÓRASE O DÍA INTERNACIONAL DO ASPERGER. Clica na imaxe para ter un mellor coñecemento da síndrome.

VALENTINE'S DAY

O venres festexamos o día da amizade no noso cole. Alumnado e profesorado recibiron postais onde os seus compañeiros e compañeiras lles mostraban o seu aprecio.

VISITA DE COGAMI

Con motivo do día da discapacidade (3 de decembro), os nosos amigos de COGAMI viñeron ao noso centro a realizar unha gymkana inclusiva.

 

Mercado solidario- Fundación Aladina

Moitas gracias pola vosa colaboración. Para nós foi unha alegría recibir esta mensaxe da Fundación Aladina.

DÍA DA PAZ 2020

No día escolar da paz e a non violencia os nenos e nenas de infantil fixeron unhas pombas da paz.

 

Todo o alumnado  escribiu os seus desexos para construír un mundo de paz.

Para rematar bailamos todos xuntos a rumba das apertas.

FESTIVAL NADAL 2019

Os nenos e nenas de infantil demostráronnos que son uns artistas, cantando, bailando e tocando instrumentos.

Para ver o vídeo de actuación de INFANTIL PREME AQUÍ

En 1º e 2º, recordáronnos aquelas cancións que bailaron as distintas xeracións en noitevella.

Para ver o vídeo da actuación  DE 1º E 2º PREME AQUÍ

  Os nenos e nenas de 3º fixeron un contacontos: "É Nadal neste curral".

 

Para ver o vídeo da actuación DE 3º  PREME AQUÍ

En 4º e 5º representaron a obra de teatro "O Nadal non é un conto".

 

E para rematar, os nenos e nenas de 6º, representaron un fragmento da obra "Charlie e a fábrica de chocolate".

 

 Para ver o vídeo da actuación de 6º PREME AQUÍ

Bo Nadal e Feliz 2020

3 Decembro- Día Internacional das persoas con discapacidade

Os nenos, nenas e profesorado do Ceip Antonio Fernández López unímonos todos baixo o mesmo paraugas para visibilizar que vivimos nunha sociedade diversa e plural, pero con desexos e ilusións por igual!

 

CONTACONTOS

Onte tivemos no cole unha sesión de contacontos contra a violencia.

Distribuir contido