OBRADOIDO DE MARCAPÁXINAS CON MÁQUINA DE COSER

Aceptamos o reto de Antolín de facer marcapáxinas coa axuda da máquina de coser. Recortamos o feltro e coa axuda das profes puxémonos diante da máquina para aprender como facelos. Despois rematamos de decoralos!

OBRADOIRO DE COCIÑA CON ANTOLÍN

E unha vez que lle axudamos a Antolín a crear o seu libro de receitas.....pois tocou poñerse mans á obra!

Fixemos tarta de queixo e tortiñas sen glute!

PREPARAMOS A MERENDA NA CLASE DE INFANTIL

Antolín propuxo que lle axudaran a crear o seu libro de recetas e o alumnado de Infantil non quedou atrás. O alumnado de 4º e 5º preparou a receita para preparar un pincho de froitas. Mentres na clase de 6º Infantil, como están traballando os alimentos na clase de inglés, estiveron facendo PANCAKES. 

E despois de todo o traballo, chegou a hora de merendar!

BECAS E AXUDAS MEC PARA ALUMNADO CON NECESIDADES DE APOIO EDUCATIVO- CURSO 24-25

Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportespublicou o lvenres 19 de abril de 2024 no BOE o Extracto da Resolución de 12 de abril de 2024, da Secretaría de Estado de Educación, pola que se convocan axudas para alumnos con necesidad específica de apoio educativo para o curso académico 2024-2025, incluindo axudas directas para os alumnos con TDAH.

As principais novidades de este curso son:

  • Subsidio de 400 euros para gastos de carácter xeral que se concederá de forma automática a todos os beneficiarios, independientemente das rendas das familias e dos resultados académicos dos estudiantes e sen necesidada de xustificación
  • No n é requisito imprescindible que o solicitante dispoña de certificado de discapacidade

O  prazo de solicitude as becas NEE (Necesidades Educativas Especiales) comeza o 30 de abril e remata o 13 de setembro de 2024, ambos inclusive.

 

Para máis información prema no enlace

PROXECTO AS ABELLAS E OBRADOIRO DE VELAS

 

Trala presentación do vídeo, fixemos un obradoiro de velas.

 

OBRADOIRO DA FÁBRICA SOBRE SAÚDE BUCODENTAL

Tivemos unha vista da fundación CEMA, na que nos explicaron que tiñamos que facer para coidar a nosa saúde bucodental.

DÍA DA ARTE

O 15 de ABRIL é o día Mundial da Arte, e nas últimas semanas estivemos traballando en distintas obras: en infantil, crearon obras primaverais; en 1º e 2º, recrearon unha obra de Romero Britto; en 3º e 4º, crearon o seu propio cómic imitando a Roy Lichtenstein; en 5º fixáronse en Laurel Burch; e en 6º elexiron a Pilar Montaner.Todas elas xa están expostas nas paredes do cole!

EASTER EGG HUNT

O alumnado de Infantil, 1º, 2º e 3º de Educación Primaria tivo esta semana unha misión moi especial: buscar polo patio todos os ovos que aparecían na súa lista. Conseguiríano ou quedaría algún agochado polo patio?

 

SEMANA DA PRENSA E DA MULLER

Esta semana convertémonos en periodistas, e entrevistamos a mulleres moi vinculadas a vida diaria do cole.

 

O alumnado de 6º de E.Infantil realizou unha entrevista moi especial que gravou para Radio Antolín. Queredes saber a quen? Dádelle ao play.

 O alumnado de 6º de E Primaria entrevistou a persoa encargada de axudarnos a manter o cole limpo. Que lles contaría?
 
 

Distribuir contido