Blogues
COMEDOR ESCOLAR 2020-2021
Enviado por mctrasre o Mér, 01/07/2020 - 18:15LISTADO DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2020-2021
Enviado por mctrasre o Mér, 01/07/2020 - 10:11PARA VER O LISTADO DE LIBROS DE TEXTO PREME NO ENLACE.
FONDO SOLIDARIO E AXUDAS DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2020-2021
Enviado por mctrasre o Mar, 19/05/2020 - 17:36
Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar para o alumnado de primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2020/2021.
Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21 (código de procedemento ED330B).
- O prazo para presentar as solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación des-ta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 19 de xuño de 2020 incluído
RECOMENDACIÓN ACTIVIDADES COVICOARENTENA
Enviado por mctrasre o Dom, 22/03/2020 - 20:12É MOI IMPORTANTE QUE OS NENOS-AS NON PERDAN A SÚA RUTINA NORMAL PARA APRENDER E DESENROLARSE AÍNDA QUE ESTEMOS NUNHAS “VACACIÓNS FORZOSAS”
Aínda que hai moitas distracións, como a televisión ou internet, é importante que os nenos e nenas non perdan o ritmo dos seus estudos. Para acadalo, o primeiro é establecer un horario, especialmente pola mañá. O ideal sería respectar o horario do colexio.
Son moitas as actividades que os vosos profesores os irán mandando para que fagades paulatinamente. Eso sí, tamén merecedes un recreo, igual que no cole.
Sería convinte que os nenos-as tivesen un espazo donde se adicasen a estudiar sin distracións. Un espazo ordenado con boa luz e apartado de ruidos .
Ademais das numerosas actividades “lectivas” e dos retos formulados por “Antolín” aínda nos quedará tempo para levar a cabo outras tarefas :
Pintar : a pintura axuda a fortalecer a creatividade dos rapaces na casa, ademáis de entretelos por un bo rato. Dádelle folios, pinturas, rotuladores… incluso adicade parte do tempo a dibuxar cos vosos fillos-as, así fortalécese a relación.
Xogos de mesa: co uso da tecnoloxía quedaron atrás o parchís, a oca, a baralla…Nestes tempos de illamento unha boa alternativa para disfrutar, despexar a mente e fomentar a imaxinación, son os xogos de mesa.
Ler: si están comezando a ler, lede con eles un pouco cada día. Si xa saben, ofrecédelle un libro , un conto e escoitádeos . Non é aconsellable que lean en dispositivos móviles ou tablets.Incluso podedes crear o voso conto do “Coronavirus”
Exercicio: os nenos-as necesitan exercitarse para o seu desenrolo. Que salten, bailen…Esto axudarálles a dormir mellor e evitará o sedentarismo. Los niños necesitan ejercitarse para su desarrollo. Prepara cualquier lugar de la casa para que pueda practicar alguna actividad física, ya sea que salten, bailen o se estiren. Esto los ayudará a dormir mejor y evitara el sedentarismo.
Manualidades: con material de refugallo (tapas, botellas, las de cores, tela…)Podedes facer cantidade de cousas !
A todos nos tocou vivir unha experiencia nova de reclusión nas nosas casas pero debemos saber sacar proveito dela para volver ao cole con máis forza.
UN ENORME ABRAZO DENDE A CASA
FESTIVAL NADAL 2019
Enviado por admin o Ven, 20/12/2019 - 15:06Os nenos e nenas de infantil demostráronnos que son uns artistas, cantando, bailando e tocando instrumentos.
Para ver o vídeo de actuación de INFANTIL PREME AQUÍ
En 1º e 2º, recordáronnos aquelas cancións que bailaron as distintas xeracións en noitevella.
Para ver o vídeo da actuación DE 1º E 2º PREME AQUÍ
Os nenos e nenas de 3º fixeron un contacontos: "É Nadal neste curral".
Para ver o vídeo da actuación DE 3º PREME AQUÍ
En 4º e 5º representaron a obra de teatro "O Nadal non é un conto".
E para rematar, os nenos e nenas de 6º, representaron un fragmento da obra "Charlie e a fábrica de chocolate".
Para ver o vídeo da actuación de 6º PREME AQUÍ
CONTACONTOS
Enviado por admin o Xov, 28/11/2019 - 11:45Onte tivemos no cole unha sesión de contacontos contra a violencia.
25N- Día Mundial Contras a Violencia de Xénero
Enviado por admin o Mar, 26/11/2019 - 15:32Os nenos e nenas do Ceip Antonio Fernández López comprométense a facer da súa aula un espazo libre de violencia de xénero.
25N-POR UN MUNDO VIOLETA
Enviado por admin o Ven, 22/11/2019 - 19:08Desde o Ceip Antonio Fernández López rexeitamos a violencia, por iso sumámonos a loita contra a violencia de xénero elaborando un vídeo no que o alumnado interpreta a canción Que se acaben las lágrimas de Huecco. Todos xuntos loitamos por un mundo violeta. Para ver o vídeo preme na imaxe.
Este ano tamén participamos en EQUALITER, un proxecto compartido por distintos colexios de Galicia que pretende ser unha "rede social" (rede de axuda, de apoio, de confianza...) para lembrarlles a todas as persoas quesofren violencia de xénero que non están soas. Preme na foto para ver o vídeo
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »