BECAS MEC

BECAS MEC PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO

 

O Ministerio de Educación abriu o prazo da convocatoria das bolsas e axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, curso 2020 - 2021

Os destinatarios son os alumnos/as con necesidade específica de apoio educativo derivada de discapacidade ou trastorno grave de conduta, así como os alumnos/as con necesidade específica de apoio educativo asociada a altas capacidades.

O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 9 de agosto e remata o 30 de setembro de 2020.

 

Para máis información preme no enlace

 

BECAS MEC

DESPEDIDA 6º

Chegou o momento de  decir "ata pronto" aos alumnos e alumnas de 6º de Primaria. Aquí vos deixamos un vídeo de despedida que todo o profesorado preparamos con moito cariño. Esperamos que vos guste.

 

FONDO SOLIDARIO E AXUDAS DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2020-2021

 

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar para o alumnado de primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2020/2021.

Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21 (código de procedemento ED330B).

  • O prazo para presentar as solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación des-ta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 19 de xuño de 2020 incluído
     

A MIÑA CÁPSULA DO TEMPO

Desde o departamento de orientación propoñémosvos facer a vosa cápsula do tempo. No documento adxunto, podedes ver un caderno onde ir anotando distintas actividades, para logo gardalas e compartilas transcurrido un tempo. ANIMÁDEVOS A FACELA! .

Distribuir contido