DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA

Hoxe celebramos o Universal da Infancia cantando unha canción onde o alumnado de 3º e 4º nos recorda os dereitos de todos os nenos e nenas.

TANXUGUEIRAS NO COLE

Hoxe recibimos unha visita moi especial: TANXUGUEIRAS. Cantas cousas nos ensinaron sobre a música tradicional galega (instrumentos de percusión, ritmos coa pandeireta, cancións…). Foi un auténtico luxo a súa visita.

Eleccións Consello Escolar

Calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos

Publícase Resolución do 20 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.

A xunta electoral, co fin de que todos os sectores implicados poidan participar, cumprindo sempre con todas as medidas hixiénico-sanitarias e de seguridade marcadas pola crise sanitaria da COVID-19 e dentro das posibilidades de cada centro, establecerá un calendario para as votacións correspondentes.

CALENDARIO APROBADO POLA XUNTA ELECTORAL NA REUNIÓN DO 04/11/2021

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA E O ACOSO ESCOLAR

Onte tivemos a presencia da Garda Civil para unha charla sobre o acoso escolar, xa que fomentar o bo clima nas aulas é responsabilidade de todos.

THIS IS HALLOWEEN

Este Halloween bailamos todos ao ritmo de "This is Halloween".

SAMAÍN

Aquí vos deixamos un resumo das actividades que realizamos por Samaín: exposición de cabazas, baile de halloween, túnel do terror, concurso de relatos de medo...

 

19 OUTUBRO- DÍA MUNDIAL CONTRA O CANCRO DE MAMA

Dende o noso cole, sumámonos a conmemoración  do #DíaContraoCancrodeMama para concienciar aos nenos da importancia  da investigación e diagnóstico precoz desta enfermidade. Todo o alumnado escribiu mensaxes de ánimado para todas as mulleres loitadoras.

 

 

 

 

BECAS MEC

BECAS MEC PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO

 

O Ministerio de Educación abriu o prazo da convocatoria das bolsas e axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, curso 2021 - 2022

Os destinatarios son os alumnos/as con necesidade específica de apoio educativo derivada de discapacidade ou trastorno grave de conduta, así como os alumnos/as con necesidade específica de apoio educativo asociada a altas capacidades.

O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 3 de agosto e remata o 30 de setembro de 2021.

 

Para máis información preme no enlace

 

Convocatoria Bolsas

BECAS MEC

Distribuir contido