DÍA DO LIBRO

O alumnado de 2º fixo a súa versión do conto Where's Spot? de Eric Hill. Aquí tedes o resultado!

 

DÍA MUNDIAL DA ARTE

Para celebrar o Día Mundial da Arte desde a asignatura de Art decidimos recrear varias obras de arte. E velaquí o resultado!

VISITA POLICÍA LOCAL

Hoxe tivemos a visita da Policía Local do Concello De Sarria que nos contou en que consiste o seu traballo e nos transmitiu unha mensaxe moi clara: "A policía está para axudar".

DÍA INTERNACIONAL DO DEPORTE

O día 6 de Abril levamos unha xornada con deportes e xogos alternativos nos que primou a colaboración sobre a competición.

Unha feliz viaxe pola vida. Día Mundial do Autismo

O lema deste ano céntrase no dereito das persoas con trastorno do espectro autista (TEA) e das súas familias a disfrutar dunha vida feliz. É a nosa obriga coñecer e comprender as súas necesidades para prestarlles todas aquelas axudas que lles permitan vivir felices e participar na sociedade en condicións de igualdade.

Campaña del Día Mundial de Concienciación sobre el Autismo

Día Mundial da Auga

Hoxe celebramos o Día Mundial da Auga. O alumnado de infantil dícevos porqué necesitamos a auga. Tamén nos da un consello moi importante que todos debemos seguir.

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2023-2024

A Consellería de Educación anuncia que desde o vindeiro mércores día 1 e ata o 20 de marzo permanecerá aberto o prazo de solicitude de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso 2023/24, para todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo, así como para aqueles alumnos de Educación Infantil e  Educación Primaria que desexan cambiar de centro escolar sempre que haxa prazas dispoñibles.  

 

PRAZO DE ADMISIÓN: 1 AO 20 DE MARZO

Pódese cubrir a solicitude na aplicación admisión alumando ou de forma presencial cubrindo un anexo que se lle facilitará no centro ou poden descargar no seguinte enlace:

Anexo II.

No seguinte enlace podedes ver a documentación a presentar 

Distribuir contido