CONCILIA NADAL

A Concellería de Servicios Sociais do Concello de Sarria, organiza o “Legonadal 2022/2023” coa finalidade de proporcionar actividades de carácter educativo e lúdico así como facilitar á conciliación da vida laboral e persoal. 

Tedes máis información e a ficha de inscripción nos documentos adxuntos.

3 DECEMBRO- DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

A veces cremos que o mundo está adaptado a nós, pero a vida pode cambiar en calquer momento e vainos poñer obstáculos. Por iso os nosos lemas son "Fracasar é non intentalo e Que en todos os lados caibamos todos"

 

ECO RETO VOZ NATURA NOVEMBRO #RetoInvestigamos

Este mes, o alumnado de 6º EP estivo investigando a distinta flora que hai no patio do cole. Para iso o 1º paso foi saír ao patio coa tablet na man para sacarlle fotos ás distintas especies. Despois, xa na clase, puxéronse a indagar o seu nome. O seguinte paso foi buscar información de cada unha delas e presentalas nun folio xunto coa súa foto e unha folla previamente disecada. O derradeiro paso foi crear códigos QR con máis información sobre elas. 

Agora están investigando os coidados que necesitan cada unha delas para coidalas e protexelas.


MES DA CIENCIA NA BIBLIOTECA

Este mes celebramos O MES DA CIENCIA NA BIBLIOTECA, polo que Antolín preparaoulle a todo o alumnado varios experimentos científicos. Aquí tedes un resumo do que fixeron, se queredes saber máis, no blog de Antolín tedes máis fotos e vídeos!

TEATRO "CICLO TÁBOAS CHEAS DE EMOCIÓN"

Esta mañá desfrutamos dunha representación teatral organizada pola Área de Cultura, Patrimonio Histórico Artístico e Normalización Lingüística da Deputación de Lugo xestionada pola ANPA. Visitounos o grupo Alentía Teatro que nos contaron desde unha perspectiva dinámica, cómica e pedagóxica varias historias que nos invitaron a reflexionar sobre o ecoloxismo, a diversidade, a tolerancia...

 

 

CHARLA AFECTIVO-SEXUAL

Hoxe o alumnado de 6º EI, 1º,2º, 5º e 6º de E.P, recibiron cole unha charla afectivo-sexual impartida por dúas matronas do Colexio de Enfermería de Lugo. Trataron diversos aspectos relacionados coa reprodución, cos cambios corporais ligados á puberdade... entre outros. Esta actividade foi organizada pola FAPACEL e xestionada pola ANPA.

SAMAÍN E MAGOSTO

Empezamos o día cunha sorpresa terrorífica (o túnel do terror non podía faltar neste día). Despois tivemos tempo de xogos, e rematamos o día co magosto!
Tamén queremos darvos as grazas pola vosa creatividade nos adornos de Samaín que fixestes cos vosos fillos e fillas, xa que todos e cada un deles eran espectaculares. Ensinámosvos unha pequena parte de todo o que adornou o noso cole esta semana.
Bo Samaín! Happy Halloween!
 
 
Distribuir contido