Actividades
UN ENTROIDO VIAXEIRO CON ANTOLÍN AIRLINES
Este ano saímos de viaxe para dar a volta ao mundo coa nosa compañía "Antolín Airlines". Subimos con Infantil a alfombra para chegar a Exipto, bailamos "Jai Ho" con 1º e 2º, collemos a góndola en Venecia con 3º, adentrámonos no corazón de África con 4º, voamos a Hawai con 5º e rematamos o noso "Voyage Voyage" particular en Francia con 6º.
DÍA MUNDIAL DA RADIO
Hoxe celebramos o Día Mundial da Radio facendo un programa moi especial. Se queredes saber quen son as protagonistas deste programa, dádelle ao play!
CONVERTÉMONOS EN COCIÑEIROS
O venres acompañounos a mamá de Martín, que respondeu a chamada da nosa mascota Antolín. Converteu ao nosos alumnos da clase de 3 anos en cociñeiros con mandil e goroo incluídos. Entre todos cortaron as froitas para preparar un riquísimo batido. Moitas grazas por compartir este ratiño con nós.
SEMANA DA PAZ NO COLE
A nosa mascota da biblioteca organizou unha semana chea de actividades.
O luns tocou facer esculturas con materiais do entorno en equipo.
PRIMEIRAS AVENTURAS DAS MOCHILAS VIAXEIRAS
As mochilas viaxeiras levan uns meses de ruta. Antolín está encantado con todo o que lle contades nos cadernos viaxeiros, e está desexando aprender a facer as manualidades tan chulas que trouxestes ao cole!