MAGOSTO 2013

Un ano máis,  chegou o día de San Martiño, e como é tradición, dende o CEIP Antonio Carpintero, en colaboración coa ANPA, quixemos facer a nosa homenaxe ao froito por excelencia do outono, a CASTAÑA.

Algúns pais e nais do centro foron os encargados de asar as tan ricas castañas, que degustamos durante o recreo acompañados dun fermoso día de sol.

Para completar a xornada, organizamos uns xogos tradicionais no patio dos que desfrutamos maiores e pequenos.

No seguinte enlace podedes ver as FOTOS DA XORNADA.