Actividades da aula
Actividades relacionadas co noso proxecto de aula
Enviado por Anónimo o Ven, 12/06/2020 - 14:28Bo día familias!!
Hoxe rematei o astronauta que comezamos a facer na aula antes do estado de alarma e xa pasou a formar parte do noso recanto. Como só fixemos un para toda a aula, decidín facilitarvos o seguinte arquivo a través do cal poderedes crear un astronauta axudándovos para iso de arandelas.
MEANS OF TRANSPORT III
Enviado por Anónimo o Xov, 11/06/2020 - 13:29Ola de novo bloguei@as:
Seguimos coa serie dos Medios de Transporte, e para continuar poño a vosa disposición algúns medios máis que podedes incluir no voso poster, se que ainda tedes espacio dispoñible.. En caso contrario podemos facer outro poster a xeito de continuación do anterior.
MEANS OF TRANSPORT II
Enviado por Anónimo o Lun, 08/06/2020 - 14:02Ola de novo blogueir@s!
Esta semana continuaremos a falar dos medios de transporte, os cales teñen unha grande relevancia non so para a nosa mobilidade persoal, senón tamén para o transporte dos produtos que consumimos a diario e que soen ser cultivados ou elaborados en lugares máis ou menos distantes do noso lugar de residencia.
Actividades Relixión Católica do 8 ao 19 de xuño
Enviado por Anónimo o Lun, 08/06/2020 - 13:53Bo día, xa queda moi pouquiño para rematar este curso. Aquí vos deixo as recomendacións para estas semanas.
Agradecervos a tod@s o esforzo realizado nesta situación tan complicada que nos tocou vivir. Especialmente felicitar aos nenos e nenas que tan ben o fixeron.
Un forte abrazo, Marcos.
MEANS OF TRANSPORT
Enviado por Anónimo o Ven, 05/06/2020 - 13:35Ola blogueir@s:
Agora que a partir da próxima semana -se todo vai como estaba previsto- xa nos poderemos mover con maior liberdade e coller o coche para trasladarnos dun lugar a outro, incluso fora da nosa provincia, imos aproveitar para falar dos Medios de Transporte.
IOGA EN FAMILIA
Enviado por Anónimo o Mér, 03/06/2020 - 13:13Ola blogueir@s!
Imos seguir recomendando as virtudes do ioga como exercicio que cumpre con dúas finalidades: pode ser unha actividade relaxante, que nos axude a desestresarnos depois da nosa xornada laboral; e ao mesmo tempo vigorizante, ao tonificar e exercitar músculos e articulacións dun xeito menos agresivo do que algúns deportes.
TIDY UP, TIDY UP...!!
Enviado por Anónimo o Lun, 01/06/2020 - 14:21Ola bloguei@as:
Despois de sair de picnic a semana pasada, hoxe toca limpar e ordenar para variar... e así botar unha man na casa para que todo esté en orde e listo para revista...
Deste xeito, a parte de atopar con maior facilidade os nosos xoguetes favoritos, tamén os nosos papás se sentirán orgullosos de ver a nosa habitación limpa e ordenada.
IT´S PICNIC TIME!!
Enviado por Anónimo o Ven, 29/05/2020 - 12:41Ola bloguei@s:
Como xa dixemos no noso artigo anterior, está a facer tan bo tempo que apetece ir de picnic.
Pero para poder facelo necesitamos un recipiente adecuado para transportar a nosa comida en condicións. E iso é o que imos a facer; unha lunch box para poder encher cunha rica merenda da que dar boa conta nunha fresca e agradable paraxe da nosa elección...
Nebulosa nun frasco
Enviado por Anónimo o Ven, 29/05/2020 - 12:41Bo día familias!!
A actividade que hoxe vos propoño forma parte do proxecto que estábamos a desenvolver titulado: O Universo. Esta consiste na elaboración dun frasco de nebulosa pero... sabedes que é a nebulosa? Pois son grandes nubes as cales están formadas por gas e po.
IT´S SPRING TIME!!
Enviado por Anónimo o Mar, 26/05/2020 - 12:39Si, estamos en plena primavera, coa súa exhuberante demostración de cores, recendos e sons produto da eclosión de vida e actividade que se está a desenvolver no mundo animal e vexetal, nestes días longos e calorosos...
Pero esto fainos recordar que non hai moito, o tempo era ben distinto, frio e chuvioso, como corresponde ao paso das estacións do ano: outono, inverno, por fin a primavera e logo, a volta da esquina, o verán...