Actividades relacionadas co noso proxecto de aula

Bo día familias!!

Hoxe rematei o astronauta que comezamos a facer na aula antes do estado de alarma e xa pasou a formar parte do noso recanto. Como só fixemos un para toda a aula, decidín facilitarvos o seguinte arquivo a través do cal poderedes crear un astronauta axudándovos para iso de arandelas.

astronauta

Por outra banda, dado que esta localidade é un lugar espectacular para visualizar estrelas, decidín tamén realizar un observatorio de constelacións polo que deixo a vosa disposición os seguintes vídeos a modo de introdución.

Vídeo: ¿ Por qué brillan las estrellas?

Vídeo 2: Cómo aprender a ver las constelaciones

Fixástevos ben? Recordades a constelación que se chama como unha das nosas alumnas?? Seredes capaces de identificala?

Moi ben rapaces!!!!!

Agora que xa recordastes moitos aspectos, vou a explicarvos en que vai a consitir a actividade que realizaremos o luns co fin de que busquedes nos vosos fogares o material que imos a empregar.

Precisaremos: canutillo do papel hixiénico, témpera de cor negro, tesoiras, celo, cartulinas e unha lanterna.

Hoxe só realizaremos o primeiro paso que consiste en pintar de cor negra o canutillo de papel hixiénico co fin de que se seque e poidamos manipulalo o luns. Aínda así vou a deixar nos arquivos adxuntos o pdf das constelacións para que o poidades imprimir.

Non sexades impacientes... eu tamén estou neste paso.

Deica a vindeira semana!!

 

AnexoTamaño
plantillas-constelaciones.pdf421.91 KB
plantilla astronauta.pdf164.47 KB

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer