Skip to Content

Consello escolar.

Prazo de presentación de candidaturas para a representación de familias no Consello Escolar

Prezadas familias,

Ao abeiro da RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG do 18709/24), hoxe, martes, día 5 de novembro,  ábrese o prazo de sete días naturais para presentar candidaturas de representación de familias no Consello Escolar do Centro, no cal, darase resposta  a dúas vacantes de renovación.

A documentación debe ser achegada á administración do Ceip Anexa onde poden atopar tamén copias impresas.

Este prazo, remata o día 12 de novembro ás 13:30h, dando paso ao sorteo dos integrantes das mesas electorais para facer efectiva esta votación, o  martes, día 19 de novembro de 2024.

No seguinte enlace, pódese descargar o impreso para presentar candidatura.

 
 

Eleccións para a renovación do Consello Escolar 2024

Segundo a resolución do 10 de setembro de 2024 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de elección de membros escolares de centros educativos sostidos con fondos públicos (DOG 18.09.2024) dase comezo ás eleccións para a renovación do Consello Escolar.

Este ano 2024, toca renovación parcial no sector de mestres e no sector de nais/pais (dous membros).

Dende hoxe, luns 21 de outubro,  quedarán expostos, durante 10 días, no Portal Norte do Centro, o censo das familias que poden votar, abríndose dende esta data, un período de reclamación a dito censo. 

O martes, día 22 de outubro, terá lugar o sorteo dos membros da Xunta Electoral, e a partires das 14:00h do devandito día, farase público o resultado do mesmo.

Máis información, no seguinte arquivo: Circular Informativa Eleccións Consello Escolar 2024

 

 

 
 
 

Membros Consello Escolar Curso 2024/25

 

CONSELLO ESCOLAR 2024/25

 

Presidente Iago Corral López
Xefa de Estudos Lucía Morandeira Díaz
   
Representante do Concello  Felipe Rivas Jorge
   
Representantes do Profesorado Begoña Garrido San Juan
  Mª Jesús López Casanova
  Mª de la O Pérez López
  Emilio Vázquez Vázquez
   
   
Representante da ANPA Susana Muíña Fernández
   
Representantes de pais/nais Paloma Castellano Copa
  Francisco Javier González Roca
  Bruno Real Veiga
  Mª José Fernández Lamas
   
   
Representante Adm. e Servizos Alfonso Pájaro Franco
   
Secretaría Ana Elisa González Fernández

 

 

 

 

 

 

 

 
 
 
 
 
 
Distribuir contido


by Dr. Radut