Skip to Content

Admisión, Descarga de documentos, Consello escolar. , Zona de escolarización., Documentos matrícula

Prazo de presentación de candidaturas para a representación de familias no Consello Escolar

Prezadas familias,

Ao abeiro da RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG do 18709/24), hoxe, martes, día 5 de novembro,  ábrese o prazo de sete días naturais para presentar candidaturas de representación de familias no Consello Escolar do Centro, no cal, darase resposta  a dúas vacantes de renovación.

A documentación debe ser achegada á administración do Ceip Anexa onde poden atopar tamén copias impresas.

Este prazo, remata o día 12 de novembro ás 13:30h, dando paso ao sorteo dos integrantes das mesas electorais para facer efectiva esta votación, o  martes, día 19 de novembro de 2024.

No seguinte enlace, pódese descargar o impreso para presentar candidatura.

 
 

Eleccións para a renovación do Consello Escolar 2024

Segundo a resolución do 10 de setembro de 2024 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de elección de membros escolares de centros educativos sostidos con fondos públicos (DOG 18.09.2024) dase comezo ás eleccións para a renovación do Consello Escolar.

Este ano 2024, toca renovación parcial no sector de mestres e no sector de nais/pais (dous membros).

Dende hoxe, luns 21 de outubro,  quedarán expostos, durante 10 días, no Portal Norte do Centro, o censo das familias que poden votar, abríndose dende esta data, un período de reclamación a dito censo. 

O martes, día 22 de outubro, terá lugar o sorteo dos membros da Xunta Electoral, e a partires das 14:00h do devandito día, farase público o resultado do mesmo.

Máis información, no seguinte arquivo: Circular Informativa Eleccións Consello Escolar 2024

 

 

 
 
 

Solicitude de cita co orientador do centro

No seguinte enlace, pódese descargar o impreso para a solicitude de cita co orientador do centro. Unha vez cuberto o impreso, deberá ser entregado ao titor/a do alumno/a correspondente. O titor entregarallo ao orientador, quen a continuación, poñerase en contacto coa familia solicitante.

 

 
 
 
 
 
 

Admisión de solicitudes 4º E.Infantil

Infórmase de que todas as solicitudes de admisión presentadas para 4º de E.Infantil - Curso 2024/25, están admitidas.

 
 
 
 

Formalización de matrícula Curso 2024-25

Infórmase de que o prazo para formalizar a matrícula do curso 2024-25 abrangue dende o 20 ao 30 de xuño de 2024.

Non formalizar a matrícula na data establecida, representa a renuncia a praza (en ningún caso se avisará por teléfono).

 Máis información

Documentación a presentar:

1.- Documento de formalización da matrícula (Anexo III-1).

2.- Ficha do alumno/a cos datos persoais e familiares.

3.- Autorización para o uso da imaxe persoal do alumno/a.

4.- Autorización para as saídas escolares.

5.- Autorización recollida en horario lectivo.

6.- Enquisa lingüística.

 

 Ademáis, deberase aportar:

1.- Dúas fotografías tamaño carné do alumno/a.

2- Fotocopia dos DNI dos pais e do alumno/a, se o ten.

3.- Fotocopia da tarxeta sanitaria ou certificado médico.

 

 
 
 
 
 
 

Exención da materia de Lingua Galega

Nos seguinte enlace, pódese consultar e descargar a ORDE do 10 de febreiro de 2014 pola que se desenvolve o Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia, con relación á exención da materia de lingua galega.

Descarga aquí a ORDE 

Modelo de solicitude ED332A

 
 
 
 
 
 
 
 

Asignación de prazas no IES Nosa Sra dos Ollos Grandes - Curso 2024/25

Infórmase de que todo o alumnado de sexto curso de EP que presentou a reserva de praza no centro de adscrición, IES Nosa Señora dos Ollos Grandes, para a  escolarización no vindeiro curso escolar 2024/25, está admitido e con praza asignada.

 

 
 

Zona de Influencia do Ceip Anexa

No ficheiro adxunto pódese consultar o listado de rúas e números.

Zona de influencia do Ceip Anexa


 

Membros Consello Escolar Curso 2024/25

 

CONSELLO ESCOLAR 2024/25

 

Presidente Iago Corral López
Xefa de Estudos Lucía Morandeira Díaz
   
Representante do Concello  Felipe Rivas Jorge
   
Representantes do Profesorado Begoña Garrido San Juan
  Mª Jesús López Casanova
  Mª de la O Pérez López
  Emilio Vázquez Vázquez
   
   
Representante da ANPA Susana Muíña Fernández
   
Representantes de pais/nais Paloma Castellano Copa
  Francisco Javier González Roca
  Bruno Real Veiga
  Mª José Fernández Lamas
   
   
Representante Adm. e Servizos Alfonso Pájaro Franco
   
Secretaría Ana Elisa González Fernández

 

 

 

 

 

 

 

 
 
 
 
 
 
Distribuir contido


by Dr. Radut