Skip to Content

Outras actividades

Visita ao centro Gravitty

En colaboración coa Fundación Galega do Deporte no marco da iniciativa "XOGADE", o alumnado de quinto curso de Educación Primaria, desprazouse ás instalacións do centro Gravitty para participar nunha xornada deportiva.

 
 
 
 
Álbum: Curso 2024-25 -> Visita ao centro Gravitty

Saída ao Parque Rosalía de Castro

O alumnado de 5º de Educación Infantil, acompañado dos seus titores, desprazáronse ata o Parque Rosalía de Castro, onde puideron disfrutar dunha xornada matinal moi ben aproveitada. A súa chegada, saudaron á poetisa galega que pon nome ao noso fermoso parque;  observaron e identificaron modificacións que se producen na nosa contorna coa chegada do  outono, visitaron o mapa de España, o mirador... e, como non, tamén houbo tempo para coller folgos cunha boa merenda nos arredores do quiosco da música, e por suposto, tempo de brincar e  xogar cos compañeir@s na zona dos columpios.

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Álbum: Curso 2024-25 -> Saída ao Parque Rosalía de Castro

Visita do ADC Lugo Sala

Xogadores máis o adestrador do ADC Lugo Sala, visitaron algunhas aulas do noso colexio. Comentáronnos o seu ascenso a segunda división e convidáronnos ao partido do vindeiro sábado. O CEIP Anexa deséxavos... Moita Sorte!!

 
 
 
 
 
 
 
 
Álbum: Curso 2024-25 -> Visita do ADC Lugo Sala

Obradoiro de Heráldica

O alumnado de 3º ciclo de E.Primaria, participou nun obradoiro de heráldica impartido por persoal pertencente ao Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, centro mixto do Consello Superiror de Investigacións Científicas e da Xunta de Galicia. O alumnado achegouse a algunhas das ferramentas ás que os historiadores recurren na súa actividade investigadora, neste caso, os emblemas heráldicos ou escudos.

 

 

 
 
 
 
Álbum: Curso 2024-25 -> Obradoiro de Heráldica

Visita dos Bombeiros de Lugo

Hoxe tivemos unha xornada moi especial no noso colexio! Integrantes do Corpo de Bombeiros de Lugo, achegáronse ata aquí, para darnos a coñecer máis de preto, unha grande parte das actividades tan importantes que realizan pola nosa seguridade; así como, ensinarnos como previr e como actuar, en situacións de perigo ou emerxencias que se dan moitas veces na contorna do fogar. E como non, tivemos a sorte de subir e coñecer por dentro o camión de bombeiros! Sen dúbida, unha mañá moi ben aproveitada!

       Xornal "La voz de Galicia" (Sábado, 12/10/24)

 

 
 
 
 
Álbum: Curso 2024-25 -> Visita dos Bombeiros de Lugo

"Sibila" de Diego Velázquez

O alumnado de sexto curso, tivo a sorte de poder admirar o  cadro "Sibila" de Diego Velázquez, exposto de xeito temporal no Museo Provincial de Lugo, así como coñecer a historia e características principais do mesmo. Sen dúbida o mellor xeito de rematar o curso escolar!

 

 
 
 
 
 
 
 

Arde Lucus 2024

A piques de iniciar unha das fins de semana máis máxicas para a nosa cidade, o alumnado e profesorado do colexio saímos á rúa para anunciar que as "tropas romanas máis os castrexos do Ceip Anexa" inauguramos o ARDE LUCUS 2024.

 
 
 
 
Álbum: Curso 2023-2024 -> Arde Lucus 2024

Saída ao Rocódromo

O alumnado de 3º curso de EP, desprazouse ao Pazo de Feiras e Congresos de Lugo para gozar dunha xornada no rocódromo. Pasáronno xenial practicando a modalidade deportiva de escalada.

 
 
 
 
 
 
Álbum: Curso 2023-2024 -> Saída ao rocódromo: 3 EP

Actividade de Orientación

O alumnado de 5º e 6º de EP tivo a sorte de achegarse ao deporte de orientación,  da man de Francisco Varela Lorenzo, campeón a nivel nacional nas modalidades de RAIDS E MTB-O, a nivel europeo de RAIDS, e, de series mundiais de RAIDS. Gozaron de dúas xornadas (unha no centro e outra no parque Rosalía de Castro), nas que puxeron en acción corpo en mente. "Primeiro pensa e despois corre".

 
 
 
 
 
 
 
 
Álbum: Curso 2023-2024 -> Actividade de orientación

2º EP visita a Granxa Escola Belelle

O pasado venres, día 7 de xuño, o alumnado de 2º curso de EP, desprazouse ao municipio de Neda, na Coruña, para visitar a Granxa Escola Belelle. Alí tiveron a oportunidade de aprender moitísimas cousas sobre diferentes animais: coellos, cabras, ovellas, galiñas, pavos reais e ata un dromedario!.

Fixeron pan, iniciáronse na equitación, identificaron plantas, árbores... Sen dúbida, unha excursión de remate de curso, XENIAL!!

 
 
Álbum: Curso 2023-2024 -> Excursión 2EP Granxa escola Belelle
Distribuir contido


by Dr. Radut