Inicio de Sesión

Conmemoracións

Maios 2012

Este ano, como en anos pasados, no CEIP Plurilingüe de Andrade, celebramos os MAIOS. Como todos sabedes cos maios celebramos a chegada da primaveira.

Nesta ocasión elaboramos un maio chamado "O castelo de Andrade", co que participamos no certamen de maios organizado polo Concello en onde acadamos o 2º premio.

Este maio ia acompañado dunha cantiga que acadou o 1º premio no certame anteriormente citado.

Dende aquí os nosos parabéns para todos os participantes.

Posteriormente celebramos no centro os maios con cantigas e un pequno desfile.

Coma sempre tedes a vosa disposición as fotos e vídeos da xornada, podedes acceder dende as Galerías ou dende os seguintes enlaces:  FOTOS   VIDEOS.

Deixámosvos cunha pequena reportaxe

 

Letras galegas 2012

Este ano celebramos o día das Letras Galegas segundo o seguinte programa:

Luns 14 de maio

Obradoiro de marquetería coa exposición e explicación do seu funcionamento de dúas maquetas: un muiño de auga e unha pequena central electríca.

Mércores 16 de Maio

Coma todos os anos, neste tamén a  Unidade Veciñal "OLMO", convidounos a asistir a unha mostra artesanal. Este ano convocaron o I certamen de debuxo e redacción, baixo o título "o meu pobo". Tamara e Icia levaron dous primeiros premios no concurso de redacción e Ángel no de debuxo. Parabens!!!

Venres 18 de maio

Obradoiro de cestería: Cristina axudada polo alumnado de 4º e a súa mestra, ensinaron ao resto do cole a facer cestos con mimbres.

Homenaxe a Valentín Paz Andrade a quen se lle adicaba este ano o día das letras galegas.

Ás 13 horas presentación do traballo colavorativo sobre a súa vida e obra. Cada curso elaborou un cartel cunha etapa da súa vida e da sús obra. Este traballo está exposto na entrada do centro.

Canto e danza mariñeira (6ª de primaria).

Cancións do mar.

Lectua das redaccións gañadoras no centamen do Olmo.

Rematamos co Himno Galego.

Na entrada temos unha exposición dos libros xigantes elaborados polo alumnado do centro de diferentes autores aos que se lles adicou o día das letras galegas.

Tedes as fotos e os vídeos nos seguintes enlaces:  FOTOS    VIDEOS.

Deíxovos cunha pequena reportaxe das celebracións.

   
 
 

Día do libro 2012

Este ano celebramos o día do libro mediante un xogo: "Din don, din don, adiviña quen son". Uns nenos/as daban pistas sobre un libro e o resto tiña que adiviñar de que libro se trataba. Tamén entregamos o diploma ao mellor lector do trimestre e un pequeno recoñecemento aos encargados da biblioteca.

Coma sempre tedes as fotos da xornada na GALERÍA, e os vídeos no seguinte enlace: VIDEOS.

Día da Poesía 2012

Este ano o CEIP Plurilingüe de Andrade quere adicar o día da poesía a esas persoas que fan posible que o cole sexa o que é, UNHA GRAN FAMILIA", estamos a referir "AS MULLERES DO COLE".

Para esta celebración adaptamos, RAIOTECA troúxonos varias poesías que despois leron os nenos:

  • Para as mulleres de Infantil (Adela, Mariví, Malú e Isabel V.) adaptamos a poesía "Cando eu saiba ler" de Yolanda Castaño.
  • Para as do Primeiro ciclo de Primaria (Cointa e Mª Engracia) unha poesía de Xosé Rodríguez Ferrer, "Xogando, xogando".
  • Para o segundo ciclo (Mª Jesús e Amandina)  "Un conto" de Ana Mª Fernández.
  • Para o terceiro ciclo (Ánxeles e Paloma) "A cincenta" de Ana Mª Fernández.
  • Para Amy e Nieves  unha poesía de Xosé Mª Álvarez Blázquez. Fragmento extraido do seu libro "Roseira do teu mencer".

Tedes todas as fotografías na GALERIA, e os vídeos no seguinte enlace DÍA DA POESIA.

Deixámosvos cunhas imaxes da xornada.

 

 

150 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro

Este ano celébrase o 150 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. No CEIP Plurilingüe de Andrade realizamos unha lectura da súa biografia, baseada no libro: "Rosalia" escrito por Helena Villar Janeiro e ilustrado por Ánxeles Ferrer. En cada ciclo fixemos o recitado dalgún dos seus poemas relacionados con momentos da súa vida.

Podedes ver as fotos da xornada na Galería. Do mesmo xeito atoparedes o vídeo no seguinte enlace: Rosalía.

Deixámosvos con algunhas fotos da xornada.

 

ENTROIDO 2012

"O ENTROIDO NAMORADO DOS CONTOS"

Este ano o noso entroido ven namorado dos contos. Sábedes a que sabe a Lúa, quen é Karikú, soabos Hamelín e que sabedes dos contos vellos para rapaces novos. Pois ben os rapaces e rapazas de Andrade van representarvos eses contos, para que saibades moitas cousas deles.

INFANTIL: os de infantil co seu "carnaval Salvaxe" queren saber "a que sabe a lúa". Neste conto os animais: tartarugas, elefantes, xirafas, cebras, leóns, raposos, monos, ratos e peixes, colabran para chegar a lúa e roubarlle un anaco.

1º CICLO DE PRIMARIA: os do 1º ciclo viaxan a unha pequena aldea no corazón de Africa, onde naceu "Karikú", un neno con habilidades especiais que loita contra a maldición da bruxa Caravá. Os nenos representan a boda entre Karikú e Caravá.

2º CICLO DE PRIMAIRA: o alumando do 2º ciclo viaxa ata Hamelín, unha cidade tranquila gobernada por un alcalde preocupado de contar as riquezas, ata que apareceu no pobo unha praga de ratas. Veremos como chega un frautista que libera a Hamelín das ratas e ..... Que comece o conto.

3º CICLO DE PRIMARIA: os do 3º ciclo fan unha representación baeada no libro de Neiras Vilas "Contos vellos para rapaces novos". Unha historia de encontros entre pobos. Para escenificar este conto escollemos os paises de México, Cuba e Brasil. AZUCARRR.  Que comece a festa.

Como sempre podedes atopar as fotos da xornada na GALERÍA. Tamén tedes os vídeos no seguinte enlace: VÍDEOS.

Deixámosvos cunha pequena presentación das actuacións. Grazas a todos pola vosa colaboración e ata o ano próximo.

 

 

Entroido Namorado - diapositivas

Paz 2012

Este ano, dentro da colaboración das bibliotecas escolares da zona de Ferrolterra cos nenos saharauis de Smira, comezamos a celebración do Día da Paz, coa lectura por parte do alumnado do 2º e 3º ciclo de primaria, dunha serie de frases enviadas polos nenos saharauis.

O día 30 de xaneiro, como todos os anos, dende o CEIP Plurilingüe de Andrade celebramos o "DÍA DA PAZ". Este ano queremos compartir cos mais próximos a nos (os nosos compañeiros de cole), desexos de PAZ, polo que cada ciclo pegará no árbol dos desexos, o que eles queren para os seus compañeiros. Tamén recitarán poemas de Paz. Todos xuntos cantermos, bailaremos e remataremos a xornada compartindo entre todos un pouquiño de pan con chocolate.

Este ano enmarcado no programa de PAZ do Concello de Pontedeume, participamos no "IV Pleno Municipal Infantil", onde o alumnado fai o papel de oposición, prantexando ao goberno municipal, todas aquelas inquedanzas e deficiencias que eles atopan no Concello. Grazas ao Concello de Pontedeume por facernos partícipes da vida pública do  noso concello.

Os nosos mellores desexos de PAZ dende o CEIP Plurilingüe de Andrade.

Deixámosvos cun pequno reportaxe de fotos da xornada. Como sempre podedes ver o resto de fotos na GALERÍA e os VIDEOS da xornada.

Paz 2012 - foto montaje

Nadal 2011

FESTIVAL DE NADAL 2011

Nesta obra navideña, mostramos os distintos persoaxes que aparecen no noso Nadal: o Belén, pastores, anxos, distintos oficios como carpinteiro, leñador, lavandeiras,... tamén cobran vida seres como: a Lúa, as estrelas, as nubes, o abeto,... levándonos a un mundo de imaxinación e fantasía, tan axeitado para estas datas. Como remate non poden faltar os Reis Magos, que este ano deciden vir a Belén empregando un medio de transporte más acorde co século XXI, o avión, isto si, sin retrasos e sin folga de piloto nin controladores.

A obra remata coa petición dos nenos e nenas de Andrade: mais cariño para todos os nenos do mundo.

 

Felicitacións de Nadal

O Nadal xa está aquí.

Dende o CEIP Plurilingüe de Andrade, queremos felicitar a toda a comunidade educativa estas festas, cunha presentación feita polo alumnado de 6º de Primaria. Esperamos que vos guste.

NADAL 2011

Este ano como en anos anteriores celebramos o Nadal cun festival onde participou todo o alumnado do centro. Trátase dunha obra de teatro con 125 actores.

Deíxovos cunha presentación fotográfica. Atoparedes o resto das fotos na GALERÍA

 

Nadal 2011 - presentacion imagenes