O martes 20 celebramos a Bibliotómbola de Nadal. Aquí tedes o vídeo dos actos celebrados. Esperamos que vos goste moito.
Este ano, como en anos pasados, conmemoramos o 25 de novembro, día da non vilencia de xénero.
Nesta ocasión comezamos co visionado dun video titulado "maltrato sútil", posteriormente unha representación dos nenos, contaron o conto "A Bruxa Pandora" e rematamos coa canción de Bebe "Ella".
Deíxovos os vídeos das actuacións.
"Maltrato sútil"
"A Bruxa Pandora"
"Ella"
Nunha data tan orixinal: 11 do 11 do 2011, recibimos unha carta da nosa mascota de Biblioteca, RAIOTECA, na que despois de darnos os parabéns polo noso traballo na celebración da Festa da Froita, anuncia que deixou para todos nós dous agasallos lectores: un libro titulado "A min non me comas" e unha colección: "O baúl dos monstros".
Para celebralo asistimos a un teatro lido, representado por alumnos/as desde 1º ata 3º ciclo, do conto: "A min non me comas" e despois un grupo de nenas e nenos explicánnos o que necesitamos para chegar a ser auténticas bruxas, pantasmas ou vampiros tal e como aparece nos contos da colección: "O baúl dos monstros"
Aquí tedes os vídeos da celebración.
O alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria, apadriña un lector/a e durante a hora de ler cóntalles un conto.
Boas lecturas.
Vídeos das actuacións para conmemorar o día das Letras Galegas, adicado a Lois Pereiro
O venres 6 de maio, recibimos no colexio unha visita moi especial, a escritora e o ilustrador do libro: "Un soño na bandexa": Marine Lorenzo Corcoba e Jorge Vázquez.
Deixámosvos o vídeo da súa visita. na Galería podedes atopar as fotos e non deixedes de visitar RAIOTECA blog da nosa biblioteca.