O mércores 24 de febreiro, dentro do Plan de Divulgación e Sensibilización da Consellería de medio Rural o noso alumnado recibiu unhas charlas e demostracións prácticas, de Prevención dos incendios forestais.
Na parte teórica o noso alumnado aprende os beneficios dos bosques e cal é o seu primeiro inimigo: o lume.
Na parte teórica aprenderon como se ataca o lume, cal é o equipamento necesario e o coche dos que dispoñen as cuadrillas.
Unha experiencia moi interesante que esperamos poder repetir en vindeiros anos.
Grazas a cuadrilla do "Distrito Forestal I de Ferrol.
Podedes ver as fotos na GALERÍA.
Deixámosvos cunha pequena presentación da xornada.