Skip to Content

INICIO DO CURSO 2020/21

Estimadas familias:

Debido aos sucesos que estamos a vivir, e en cumprimento da normativa establecida hai unha serie de cambios que agora vos adiantamos, e que en breve poderedes coñecer na súa totalidade a través desta páxina web.

Informámosvos que o xoves 10 e o venres 11 comezarán as clases.

O día 10, 4º e 5º de Infantil e 1º, 2º e 3º de Primaria.

O día 11, 6º de Infantil e 4º, 5º e 6º de Primaria.

O horario do alumnado de Infantil a partir do día 11 é de 9.15h a 13.40h. As familias que o acompañen non poderán acceder ao recinto escolar antes desa hora de entrada nen permanecer nel unha vez recollido o neno ou nena. O xoves 10 o inicio será ás 9.30h.

No centro as mascarillas serán obrigatorias para os acompañantes e moi recomendables para o alumnado de Infantil. No transporte, mentres non se adopten outras medidas, serán obrigatorias.

O horario do alumnado de Primaria será de 9h a 13,50h. A mascarilla será obrigatoria tanto no transporte coma no centro. Ademáis o alumnado de Primaria deberá traer un estuche ou bolsa non de plástico con outra mascarilla de reposto.

Os familiares que o acompañen ao centro non poderán pasar da cancela.

Calquera xestión que se precise facer no centro, unha vez iniciadas as clases, será con cita previa.

O cumprimento destas normas así coma daquelas outras que se vaian proporcionando en canto a prevención, van  redundar nunha mellor seguridade sanitaria do noso centro e consecuentemente do concello.

Entre toda a comunidade imos construír un colexio seguro!!

 

 

 



blog | by Dr. Radut