O Premio Mimi ao Persoeiro do Ano é un concurso que foi creado no noso centro co fin de recoñecer o esforzo de persoas e entidades na promoción e defensa do noso idioma.
Neste concurso, desenvolto polo alumnado de 5º curso de Primaria baixo a coordinación da Biblioteca e do EDNL, participa activamente toda a comunidade escolar e busca tamén a colaboración doutras entidades locais e autonómicas.
O proceso que se desenvolve ata a proclamación dun premiado é o seguinte:
- Infórmase desde a biblioteca das bases e do proceso a seguir ao alumnado responsable.
- O alumnado agrúpase para porse en contacto cunha serie de entidades mediante carta ou mail (RAG, AMPA, Asociacións Culturais de Barro, Universidades galegas, Consello da Cultura, IES de Barro, ...) solicitándolle que propoñan un candidato.
- Dentro da aula organízanse tantos grupos de traballo como candidatos, a medida que chegan as cartas coas propostas.
- Cada grupo é o encargado de investigar, documentarse e divulgar entre a comunidade escolar os méritos do seu candidato.
- Nunha data sinalada(preto de Maio) fan exposición pública das súas investigacións. Toda a comunidade escolar é informada en varias sesións.
- O seguinte paso é a elección do "persoeiro". Toda a comunidade escolar VOTA, para esto o alumnado de 5º curso constitúe unha mesa electoral, encargada de controlar as votacións e realizar o reconto de votos.
- A aula ponse en contacto co premiado para comunicarlle a nova e así convidalo ao acto de entrega do Premio, que ten lugar nunha data arredor das Letras Galegas.
O agasallo consiste nunha reproducción da nosa mascota Mimi realizada polo escultor de Barro Francisco Remiseiro.
- Por último póñense en contacto coas institucións colaboradoras e demais candidatos para informar do acontecido coas súas propostas.
Os gañadores das dúas primeiras edicións foron:
-Primeiro Premio Mimi: Ezequiel Mosquera
-Segundo Premio Mimi: O Xabarín Club