Skip to Content

blogue deadmin

Admisión de alumnos para o curso 2020/21

 Segundo o establecido na disposición adicional terceira do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crisis sanitaria ocasionada polo COVID-19 e no apartado sétimo do Acordo do Centro de Coordinación Operativa (Cecop), mediante o que se adoptan medidas preventivas en lugares de traballo do sector público autonómico como consecuencia da evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19 interrómpense o prazo para a presentación de solicitudes deste procedemento. O cómputo dos prazos reiniciarase no momento en que perda vixencia o acordo ou, se é o caso, as prórrogas deste.

ADMISIÓN DE NOVOS ALUMNOS. CURSO  2020-2021.

a)    Normativa reguladora da admisión: está contida no decreto 245/2012 do 13 de decembro (DOG 26 decembro) , na orde do 12 de marzo de 2013(DOG 15 de marzo) e a orde que a modifica do 25 de xaneiro de 2017(DOG do 1 de febreiro) .

b)   Oferta de postos escolares : publicaranse antes do 1 de marzo..

c)    Prazos de presentación de solicitudes:

Xestión de solicitude de reserva de praza.

Solicitude de reserva para o IES DE BARRO (alumnos de 6º): do 1 ó 17 de febreiro.

Solicitude de reserva  dos centros adscritos (E.E.I de Curro):  do 1 ó 17 de febreiro.

Publicación de solicitudes de reserva admitidas:28 de febreiro.

Xestión de solicitude de admisión.

Solicitude de admisión para alumnos novos: días lectivos, do 1  ó 20 de marzo.

d)   NOTA INFORMATIVA:

1.-So se poderá presentar unha única solicitude no centro no que solicita praza en primeiro lugar; o incumprimento desta norma, determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

2.- Os alumnos/as do centro que presenten unha solicitude de admisión noutro centro distinto, deben comunicalo na Dirección antes do prazo de admisión.

3.-O alumnado que ten reserva de praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto debe comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de admisión.

e)    Prazo de presentación da documentación xustificativa dos criterios de baremación ( se hai mais demanda de prazas que oferta): do  23 de marzo ao 3 de abril.

f)     Calendario de publicación das listaxes de admitidos:

  • Listaxes provisionais de admitidos e non admitidos:24 de abril.
  • Prazo de reclamacións: do 27 de abril ao 4 de maio.
  • Listaxe definitiva de admitidos e non admitidos: 14 de maio.

g)   Prazo para a formalización da matrícula: do 20 ó 30 de xuño.

Prazo para a formalización da matrícula en ESO: do 25 de xuño ao 10 de xullo( só alumnos/as de 6ºE.P).

h)    Adscrición do centro: Este centro está adscrito ó I.E.S DE BARRO.

Centros adscritos: A efectos de escolarización está adscrita  a este centro a escola de Educación Infantil de Curro.

i)      Área de influencia do centro: as parroquias de Barro agás Curro no caso de E.Infantil.

Áreas limítrofes:Concello de Portas, Moraña,Meis,zona limítrofe de Pontevedra e parroquia de Curro(só no caso de E.I).

j)     Servizos complementarios:

1.Transporte escolar.  2. Comedor escolar. 3.Plan Madruga.

Nota: Para máis información,consultar  a páxina web da Consellería de Educación,Universidade e F.P, http://www.edu.xunta.gal/portal/- no apartado COLECTIVO -Familias e alumnado –Escolarización.

Se algunha familia queren realizar consultas telemáticas pode consultar a orde do 25 de xaneiro de 2007(DOG do 1 de febreiro).

BARRO,  28 DE  XANEIRO DE 2020.                                  A DIRECCIÓN .

 

 

C.E.I.P AMOR RUIBAL.              

VACANTES INICIAIS : NÚMERO DE POSTOS ESCOLARES DISPOÑIBLES PARA A ADMISIÓN DE ALUMNOS/AS DO CURSO 2020-2021.

  

NIVEL

ALUMNOS DO CENTRO  CON RESERVA DE PRAZA

PROCEDENTES DO CURSO ANTERIOR

 

RESERVA

PARA A ADMINIS-TRACIÓN

EDUCATIVA

ALUMN-OS

NOVOS

 

UNI-DADES

 

PRAZAS

PRAZAS NON CUBERTAS

(Segundo o catálogo do DOG)

4º E.I

 

3 ANOS

0

6

NEAE

 

II

50

44+6 NEAE

5 E.I

 

4 ANOS

21

 

 

I

25

4

6º E.I

 

5 ANOS

24

 

 

I

25

1

E.P

 

 

25+1CURRO

 

6

NEAE

 

 

  II

 

50

 

 18+6 NEAE

E.P

 

 

36

 

 

 

II

 

   50

 

14

E.P

 

 

36

 

 

 

II

 

50

 

14

E.P

 

 

47

 

 

 

II

 

50

 

3

E.P

 

 

42

 

 

 

II

 

50

 

8

E.P

 

 

24

 

 

 

I

 

25

 

1

A DIRECCIÓN.                        Barro, 27 de febreiro de 2020

 

 

 

 

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN,UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL

CEIP  AMOR RUIBAL

Rúa Santo Antoniño s/n- 36194-Barro

                                            Tlfo.-886151996 e Fax: 886151999

e-mail: ceip.amor.ruibal@edu.xunta.es

http://centros.edu.xunta.es/ceipamorruibal

 

ADMISIÓN DE NOVOS ALUMNOS. CURSO  2020-2021.

Infórmase as familias de nenos-as en idade escolar, que o prazo de solicitude  de admisión de alumnos novos (os que aínda nunca viñeron ó centro) para Educación Infantil e Primaria estará aberto, en días lectivos, dende o día 1 ó 20 de marzo.

A solicitude e única e preferiblemente cubrirase na aplicación admisionalumnado e presentarase en Sede Electrónica da Xunta de Galicia(se dispón de identificación electrónica) ou, pódese presentar impresa no colexio. Os interesados poden pasar pola Secretaría do centro preferentemente de 9:00 a 9:45 e de 13:05 a 13:45  para recoller en papel e/ou presentar a solicitude (gratuíta,modelo anexo II, procedemento ED550B) e a documentación que se solicita.

Nota: Para máis información,consultar  a páxina web da Consellería de Educación, Universidade e F.P, http://www.edu.xunta.gal/portal/- no apartado COLECTIVO -Familias e alumnado –Escolarización.

Ademais deben aportar os seguintes documentos:

 

1.      Fotocopia do libro de familia completo (cotexado no colexio polo orixinal).

2.      Certificado/Volante de Convivencia Histórico do Padrón Municipal.

3.      Fotocopia da tarxeta de prestación sanitaria do neno/a (seguridade social, se é o caso).

4.      Fotocopia do rexistro de vacinas da cartilla de saúde infantil ou informe médico do alumno/a.

5.      2 fotos recentestamaño carné.

6.      Fotocopia do D.N.I do pai, nai e neno/a(se o ten) ou dos titores legais.

7.      Se é o caso, impreso de alta no servizo de transporte, comedor ou plan madruga.

8.      Se é o caso, documentación xustificativa da solicitude dunha praza para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

9.      Se procede doutro centro de Educación Primaria ou Infantil, certificación de matrícula( co código Xade).

10.  De darse o caso,convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio.Noutros casos especiais aportar a documentación xustificativa da situación legal do alumno/a.

 

NOTA: Se hai máis demanda de prazas que postos escolares, avisariámoslles para que entre o 23 de marzo ao 3 de abril, presenten unha documentación xustificativa dos criterios do baremo e proceder a asignar as prazas.

 

No mes de xuño deberán pasar polo centro para asinar o impreso de matrícula(do 20 ó 30 e o prazo oficial).Se o neno/a procede doutro centro educativo aportar unha certificación académica, indicando a promoción de curso.

Aviso importante: So se poderá presentar unha única solicitude de admisión no centro que solicita praza en primeiro lugar, para non perder dereitos de prioridade.

 

BARRO,  26 DE FEBREIRO DE 2020.

A DIRECCIÓN .

 

 Para ver a adxudicación definitiva de prazas para o curso 2020-21, consulte os ficheiros adxuntos.

A DIRECCIÓN. ....DE MAIO DE 2020.

 

 

 


 

Distribuir contido


by Dr. Radut