Skip to Content

Ed. Física

BICICLETADA AMARO REFOJO 2023

O pasado mércores, día 7 de xuño tivo lugar a séptima edición da Bicicletada no CEIP Amaro Refojo. 

A actividade naceu hai uns anos pola iniciativa do profe de EF Carlos Santamarina, e é agardada e celebrada cada ano polo alumnado do cole con grande ilusión.

Os cursos 3º, 4º 5º e 6º saíron en bicicleta desde o colexio en dirección á Praza García Barbón, percorrendo a rúa da Parroquia e cruzando a N-525 en dirección ao camino vello de Queizás. Desde alí, dous km ata o pobo de Queizás, un pequeño traxecto pola Estrada que une Verín con Feces de Abaixo en dirección a Portugal, e desvío á dereita en dirección ao Balneario de Cabreiroá.

Simultáneamente, o alumnado de 1º e 2º cursos, fixeron unha andaina polas rúas de Verín, para atoparse co resto dos cursos en Cabreiroá.

Unha vez alí, merenda, e xogos e máis xogos ata a hora do regreso, en torno á unha da tarde.

O profesorado, así como os país e nais que quixeron sumarse á actividade, poideron disfrutar tamén da súa merenda.

Ao rematar, regresamos  ao cole voltando  pola avenida de Sousas. 

Como cada ano, a actividade levouse a cabo grazas á inestimable colaboración da Garda Civil, representada polo Xefe Provincial, e pola responsable Provincial de Educación Vial, (sempre disposta e atentísima para colaborar con nós); unha parella de axentes motorizados, os voluntarios de Protección Civil de Verín cos seus vehículos, e a Policía Local de Verín. Sen a súa axuda desinteresada, sería impensable poder realizar este tipo de actividades.

Gustaríanos tamén agradecer a Cabreiroá por darnos auga para todos/as os/as participantes.

A actividade resultou un éxito total, e xa estamos agardando con ilusión o ano que ven para repetila.

 

XOGOS TRADICIONAIS

Desde hai uns anos, as nenas e nenos de 6ºEP realizan este taller dinamizado polo Centro de Cultura Popular "Xaquín Lorenzo". O obxectivo é dar a coñecer os xogos tradicionais ao noso alumnado e así colaborar para evitar a súa desaparición. O monitor do taller foi Lito, sempre é un pracer escoitalo e ver a implicación que mostra co alumnado. Con el puidemos desfrutar de diferentes xogos tradicionais como: os zancos, a buxaina e os aros; e tamén bailamos varias danzas populares.

Álbum: CURSO 2022-23 -> Xogos tradicionais - 6ºEP

XOGADE - FASE PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS

Hoxe, 11 de febreiro tivo lugar o Campionato Provincial de Campo a Través, no complexo deportivo de O Aguillón en A Rúa.

Un total de catorce nenas e catorce nenos do noso colexio participaron nestas carreiras, cuns resultados moi prometedores.

 

Álbum: CURSO 2022-23 -> Campo a través - Final Provincial de Ourense

CARREIRA DE CAMPO A TRAVÉS EN TINTORES

Hoxe celebramos de novo, logo da pausa obrigada pola COVID-19, a carreira do Deporte Escolar en Tintores. 

Unha mañá que comezou fría e que logo entrou en calor a base de sol, boas carreiras, deportividade e un ambiente agradable.

Álbum: CURSO 2022-23 -> Carreira de campo a través en Tintores

TEACHER FRAN FLIES TO CANADA

Queridas e queridos alumnos: aínda non marchei e xa vos estou botando de menos. Déixovos un vídeo que agardo que vos guste moito. Non deixedes de velo!!!

 

PREMIADOS NO CONCURSO DE NOVAS DEPORTIVAS

Aquí están as fotos das gañadoras e gañadores no concurso de novas deportivas. Tamén amosamos algúns deses recortes. Seguide lendo; a lectura sempre ten premio.

IMG_20191021_121005.jpg

IMG_20191106_120814.jpg

IMG_20191106_085736.jpg

 

NATACIÓN NA PISCINA CLIMATIZADA

Este luns 4 de novembro comezamos coa actividade de natación. @s de terceiro foron os primeiros en participar. Nas seguintes semanas seguirán os de 4º, 5º e 6º. Moitas grazas a Flor, Ramón, Luis e Javier polas axudas e facilidades para desenvolver estas sesións na auga.

IMG_20191104_092834.jpg

IMG_20191104_102218.jpg

 

IV DÍA DA BICICLETA CEIP AMARO REFOJO

O pasado día 27 de setembro, organizamos o 4º Día da Bicicleta do CEIP Amaro Refojo. Máis de 200 ciclistas polas rúas de Verín. Agradecer a todos aqueles que nos axudaron na realización desta actividade: Concello de Verín, Dirección Xeral de Tráfico, Garda Civil, Policía Local, Protección Civil de Verín, Augas de Sousas, Hortoverín, Club Ciclista Verín, Club BTT Verín, nais, pais, avós e avoas; sen a implicación e colaboración deles sería imposible que todo saise ben. Moitas grazas a todas e todos.

Voltaremos para setembro do 2020.

 

III EDICIÓN DA BICICLETADA

O venres 28 de setembro tivo lugar a 3ª BICICLETADA DO AMARO. Os alumnos/as de 3º, 4º, 5º e 6º foron os protagonistas, xuntando ao redor de 200 persoas.

No parque de Cabreiroá fixemos a parada para descansar e almorzar; tamén disfrutaron dun circuito que se montou no mesmo parque. O día acompañou e todo foi un éxito.

Como sempre, agredecer a todos aqueles que aportaron o seu gran de area nesta actividade: a DXT (con Sinda á cabeza), o Concello de Verín, o Clube Ciclista Verín, Protección Civil de Verín e de A Gudiña, a Policía Local de Verín, a Garda Civil de Tráfico, Cabreiroá, Hortoverín e aos pais e nais que axudaron aos profes nesta edición. Moitísimas grazas a todos e todas.

Para o ano prometemos cuarta edición... Agora a dar pedais sempre que o tempo acompañe, aproveitade.

NOVAS DEPORTIVAS DE SETEMBRO

Aquí temos ós premiados coas novas deportivas seleccionadas do mes de setembro. A maioría foron da clase de 3ºB: Mariña, Uxía, Zaira, Gabriel, Marina e Valeria. Tamén foron escollidas as novas recollidas por Luis 2ºA E Laura 1ºA.

Noraboa e a seguir lendo.

Distribuir contido


by Dr. Radut