Skip to Content

Dpto. de Orientación

DÍA MUNDIAL DO AUTISMO

"Infinitas capacidades, necesitan infinitas oportunidades"

 

Por iso hoxe, 2 de abril, conmemoramos o Día Mundial da Concienciación do Autismo. Data elixida pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas para promover a contribución da mellora da calidade de vida das persoas con TEA. 

 

 

 #ChamémoloPoloSeuNome #LlamémosloPorSuNombre #DíaMundialAutismo ♾️

O COLE ESTÁ SINALIZADO CON PICTOGRAMAS!

A sinalización do centro persegue que o colexio sexa accesible. A través dos pictogramas axudamos ao alumnado a comprender a información do seu contorno. Beneficia a todos os nenos e nenas e, especialmente, a aqueles alumnos e alumnas que necesitan apoio na comunicación.

Sinalar o colexio é unha oportunidade cara a sensibilización sobre o mundo TEA.

MATERIAIS DE AL E PT PARA O ALUMNADO

MATERIAIS DE AL E PT:

2ª quenda de materiais:

Alumnado de E. Infantil: Materiais para estimulación da fala e da linguaxe (Preme nesta ligazón)

 

1ª quenda de materiais:

Durante estes días de estar sen cole, os nenos e nenas poden practicar xogos e exercicios parecidos aos que realizamos na aula. En internet hai multitude de páxinas que ofrecen recursos de pedagoxía terapéutica (PT) e de audición e linguaxe (AL) que lles axudarán para traballar na casa. Aquí tedes unha pequena selección:

PRAXIAS

https://www.youtube.com/watch?v=g_Is2wh1xIw
https://www.youtube.com/watch?v=YDqA1GJqz1s
https://www.youtube.com/watch?v=zRRjmVimRPw

PRACTICANDO OS FONEMAS R, S, SINFÓNS

https://www.youtube.com/watch?v=t3cmqQV1Jt8
https://www.youtube.com/watch?v=E2tdB3kvNZ8
https://www.youtube.com/watch?v=jWQ7lQeQS9Q
https://www.youtube.com/watch?v=E2tdB3kvNZ8
https://www.youtube.com/watch?v=7RonNmMPLP4
https://www.youtube.com/watch?v=gzC1NAYHBiY
https://www.youtube.com/watch?v=xxitaGjPJag

ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE

https://www.youtube.com/watch?v=ABNgbYjPk8k
https://www.youtube.com/watch?v=iSxFd7-K424&list=PLfVDJFxsvnTSX3dSat0sel...
https://www.youtube.com/watch?v=gA8QkHdcNYU&list=PLfVDJFxsvnTSX3dSat0sel...
https://www.youtube.com/watch?v=KRe3_hGTMZU&list=PLfVDJFxsvnTSX3dSat0sel...

CONTOS E CANCIÓNS

https://www.youtube.com/user/BeatrizMontero
https://www.youtube.com/watch?v=xiyDzMH13o4
https://www.youtube.com/watch?v=GjeTkWJ3arc
https://www.youtube.com/watch?v=B1svxwMuLf4

VARIOS: LECTOESCRITURA, CÁLCULO, XOGOS SENSORIAIS, MOTRICIDADE FINA, . ..

https://www.vedoque.com/
https://www.edufichas.com/
https://www.youtube.com/user/blogmaestrosal/videos
https://www.murciaeduca.es/cpfedericodearcemartinez/sitio/index.cgi?wid_...
http://roble.pntic.mec.es/arum0010/

PECHADOS POLO CORONAVIRUS. PAUTAS E RECOMENDACIÓNS PARA FACER COS NENOS/AS NA CASA.

Estes días son complicados para todos/as, dado que supoñen unha ruptura drástica da rutina diaria e conlevan a necesidade de adaptarnos a unha situación nova e excepcional. Temos que intentar levalo o mellor posible, mantendo a tranquilidade e facendo que os nosos fillos se sintan acompañados non só físicamente senón tamén emocionalmente. Esperamos que, sobre todo, coa solidaridade que supón o feito de que todos nos manteñamos o maior tempo posible na casa, consigamos pronto volver á normalidade. De momento, aquí tedes unhas recomendacións para este tempo de confinamento, por se vos poden axudar a afrontalo mellor.

CONTOS PARA EXPLICARLLE O CORONAVIRUS AOS NENOS/AS: 

"Rosa contra el virus": Conto que explica que son os virus e os hábitos necesarios para combatilos, publicado pola editorial Sentir e o Colexio Oficial de Psicoloxía de Madrid.

"Coronavirus no es un príncipe (ni una princesa)": Conto escrito por María Coco e ilustrado por Sara Ramírez. Acaba de publicarse, polo que reflicte tamén os días de confinamento tralo establecemento do estado de alarma. A través deste conto, os nenos/as poden coñecer as peculiaridades desta crise que confina nas súas casas ás familias e precisa de estrictas medidas de hixiene para limitar os efectos na poboación, especialmente entre os maiores. 

 

 

 "Las manos de José": Publicación de Aprendices Visuales. Trátase dun conto feito con pictogramas sobre o lavado de mans. Ven con materiais complementarios (aplicación para o móbil, secuncias para recortar, actividades, ...), ás que se pode acceder no seguinte enlace:

 https://aprendicesvisuales.com/p/lasmanosdejose/

 

Para tratar deste tema cos nenos/as, ademais de usar os contos anteriores, na web Faros, do Hospital San Joan de Deus de Barcelona, podemos atopar un artigo con pautas interesantes titulado "Cómo hablar sobre el coronavirus a los niños"

SOBRE A IMPORTANCIA DE MANTER UN HORARIO E UNHAS RUTINAS:

É recomendable que nestes días de estar na casa manteñamos rutinas, establezamos horas de estudo e de xogo, de axuda nas tarefas do hogar, etc. Debemos procurar que o tempo dos nenos/as estea estruturado e sexa productivo, ademáis de que se distraían. A rutina habitual debe manterse, na medida do posible: hora de acostarse, de levantarse, tempo de tarefas escolares, tempo de xogo, … 
No que se refire ás tarefas escolares, non se trata de facer un calco da xornada escolar na casa, nin moito menos. Por exemplo, no caso dos nenos de E. Infantil, podemos darlle tempo para xogar e explorar, experimentar con materiais diversos, … Cos de Primaria, é conveniente que lle dediquen un tempo a traballar aspectos relacionados coas materias do colexio, pero de feito que combinen o repaso de aspectos máis puramente “académicos” con tarefas máis creativas: facer un diario, leer, investigar, catalogar os libros ou xogos, inventar contos, facer manualidades, etc.

Os pais non sodes profesores, nin debedes pretender selo. Simplemente se trata de que lles axudedes a organizar o seu tempo, supervisedes que este sexa produtivo, esteades a man se necesitan preguntarvos algo, etc. Naturalmente, se trata de que poidan satisfacer á súa necesidade de aprender e facer cousas, pero dentro dun clima de tranquilidade e sen agobiarse para nada.

Exemplo de horario para estes días (fonte: ASPERMUR)

 CONTROL DO USO DOS APARELLOS TECNOLÓXICOS:

No que se refire á utilización da televisión, videoxogos, ... é importante seguir mantendo uns criterios en canto ao número de horas ou á distribución das mesmas ao longo da semana, tal como seguramente estabamos facendo moitos antes do confinamento. Pode haber certa flexibilidade, especialmente para seguir mantendo a relación con amigos e familiares a través das redes sociais, pero sen caer no abuso.

OUTRAS RECOMENDACIÓNS:

Nesta situación, é fundamental transmitir seguridade e calma. Nada transmite máis seguridade a un fillo/a que percibir naturalidade e tranquilidade por parte dos seus pais cando pregunta por algo que lle preocupa. Hai que ter unha actitude positiva e non aprensiva ou hipocondriaca. 

Ademais, é unha ocasión estupenda para conectar cos nenos/as, escoitalos e dedicarlles tempo.

Podemos implicalos/as en tarefas da casa, facelos sentirse útiles e responsables. Ao mesmo tempo, aceptar que non o van facer como o adulto.

Podemos facer ximnasia en familia (https://www.youtube.com/watch?v=69Za5UWtIC0), ioga (https://www.youtube.com/watch?v=O-ze3CxuTMU), meditación ( https://www.youtube.com/watch?v=eSBjHB4ezGs  https://www.youtube.com/watch?v=Ea6ykVh7Y7U). No canal de Youtube de Minipadmini temos moitos exercicios para nenos/as. 

Unha actividade moi interesante é cociñar con eles/as, normalmente encántalles facer biscoitos, galletas, amasar, …

Podemos xogar aos xogos de mesa tradicionais: parchís, oca, cartas, aforcado, …

Outra opción, se temos a posibilidade, é ver en familia películas que traballen as emocións. Por exemplo, as que se recomendan na web de aulaplaneta, “ocho películas para educar a tus hijos en la inteligencia emocional”.  https://www.aulaplaneta.com/2017/06/28/en-familia/ocho-peliculas-educar-tushijos-la-inteligencia-emocional/

Outras actividades: ler, facer manualidades, pintar, debuxar, cantar, bailar, facer teatro, ...

CAMPAMENTOS DE VERÁN 2017

A Dirección Xeral de Xuventude acaba de presentar a oferta de prazas de campamentos para o verán 2017, destinadas a rapaces/as de 9 a 17 anos.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o vindeiro 2 de maio

Nos seguintes enlaces tedes máis información, incluíndo o acceso á cumprimentación telemática da solicitude: 

http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/11217-campamentos-de-veran-2017

http://xuventude.xunta.es/images/accion_de_veran/2017/FOLLETO_CAMPAM_DEF.pdf (descrición dos campamentos, datas, prezos, etc.)

 

 
   

AVALIACIÓN DE 3º DE E. PRIMARIA

 

Neste curso escolar aplícase por primeira vez a proba de 3º de E. Primaria establecida na LOMCE.

A Consellería de Educación acaba de ditar as instruccións para dita avaliación, das que cabe destacar o seguinte:

  • As probas realizaranse en tódolos centros da Comunidade Autónoma os días 27 e 28 de maio.
  • Trátase dunha avaliación similar ás probas diagnósticas que xa se viñan facendo ata o de agora cos alumnos de 4º de Primaria.
  • Avaliaranse a competencia matemática e a competencia en comunicación lingüística en galego e castelán.
  • Non se trata de medir os coñecementos do alumnado nas materias específicas, senón as súas destrezas, capacidades e habilidades nas áreas de comunicación lingüística e matemática.
  • A proba non terá efectos no expediente académico do alumnado.
  • Os resultados das probas son de uso interno dos docentes, do alumnado e das familias.
  • En función destes resultados os equipos docentes adoptarán as medidas necesarias para a mellora do proceso educativo tanto a nivel de centro como a nivel particular dun alumno.

Na seguinte dirección tedes as instruccións mencionadas así como un enlace para ver modelos de probas elaboradas coa colaboración do MECD e as Comunidades Autónomas:

http://www.edu.xunta.es/web/node/14761

BECAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO

Ata o 30 de setembro está aberto o prazo para solicitar as becas do MEC para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo.

Enlaces:

CAMPAMENTOS DE VERÁN DA XUNTA

Xa está aberto o prazo para os Campamentos de Verán que organiza a Consellería de Traballo e Benestar, segundo a convocatoria publicada no DOG o pasado 26 de marzo.

O prazo de presentación de solicitudes é de 15 días naturais a partir de dita publicación.

A lista de campamentos en Galicia, datas, idades dos nenos, etc. podédela ver aquí. Tamén hai prazas noutras Comunidades Autónomas.

Acceso a toda a información no seguinte enlace (inclúe presentación telemática da solicitude):

accion_veran_azul

AXUDAS DO MEC PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO PARA O 2013-14

(BOE 19-08-2013)

TIPOS DE AXUDAS: 

  • Axudas directas para o alumnado que presenta necesidades educativas especiais asociadas a Discapacidade ou Trastorno grave de conduta, incluíndo o afectado por TDAH.
  • Subsidios por necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade ou trastorno grave de conduta para familias numerosas.
  • Axudas para programas específicos complementarios de apoio educativo asociado a altas capacidades

PRAZO DE PRESENTACIÓN: ata o 30 de setembro de 2013

Na seguinte dirección tedes máis información das bases da convocatoria e o enlace para a cumprimentación dos impresos ("acceso al servicio online"):

https://sede.educacion.gob.es/catalogo-tramites/becas-ayudas-subvenciones/para-estudiar/primaria-secundaria/beca-necesidad-especifica.html

 

Distribuir contido


by Dr. Radut