Skip to Content

Música

RECORDANDO A ÁNGEL BARJA

5 de octubre de 1938: nace el gran compositor y docente Ángel Barja en Santa Cruz de Terroso (Vilardevós). Aquí os dejamos un por ejemplos de su obra, la primera a cargo de la Coral Infantil de nuestro colegio y la segunda por el Grupo Vocal Lauda.

 

 

ENSAYOS DE LA CORAL INFANTIL

El pasado sábado 1 de octubre comenzaron los ensayos de la Coral Infantil.

Serán todos los sábados, a las 10 de la mañana.

Como siempre, os esperamos en el patio del colegio de Primaria.

¡Madruga y ven a cantar!

 Imagen de la primera actuación del coro (2014)

COÑECENDO UN POUCO A BEETHOVEN

Este curso, estamos traballando desde a biblioteca o mundo da música.

Decidimos empezar por coñecer un pouquiño aos grandes mestres da música clásica, e un deles  é, sen lugar a dúbidas, Ludwig Van Beethoven.

Aquí tedes un Lim sobre algúns aspectos da súa vida e a súa obra.

Xogade co Lim, coñecede un pouquiño mellor a Beethoven, e estade atentos/as ao blogue, porque a primeiros de febreiro haberá un concurso con grandes premios para os/as gañadores/as.

 

A VOLTA AO MUNDO EN 80 DÍAS

Como sabedes, o luns desta semana tivemos unha xornada especial en torno á "volta ao mundo en 80 días", na que tódolos nenos e nenas de Primaria foron pasando por diferentes países, emulando a viaxe de Phileas Fogg na obra de Julio Verne. Para esta actividade, creamos un blog no que expoñer os traballos elaborados polos alumnos/as de 5º e 6º, imaxes da ambientación do colexio sobre este tema, etc.

Se queredes ver o que fixemos, xogar nos lims, saber máis deses países, ... iste é o enlace ao blog VOLTA AO MUNDO EN 80 DÍAS:


XOTA DA GHEADA, Berrogüetto

Para conmemorar o 17 de maio, DÍA DAS LETRAS GALEGAS, esta quincena imos escoitar unha peza composta polo músico galego Anxo Pintos, pero gravada polo grupo Berrogüetto no seu primeiro disco Navicularia (1996). Nela salienta a marabillosa mestura de varios instrumentos propios do folclore de Galicia con outros de sona mundial: piano, violín, baixo e batería con... gaita, zanfona e pandeiretas.

"Música sen letra que o di todo"

 

O XARDÍN DO ARTISTA EN GIVERNY, de MONET

Claude MONET naceu en París en 1840. Foi un dos fundadores da pintura IMPRESIONISTA. O termo impresionismo deriva do título da súa obra "Impresión, sol nacente" creada en 1872.

Monet desenvolveu o concepto das "series" nas que un motivo é pintado repetidas veces con distinta iluminación.

A obra que vemos esta semana, "O xardín do artista en Giverny" (1900) está actualmente no Museo de Orsay, París (Francia).

A PRIMAVERA de Vivaldi

Esta semana estamos escoitando "A primavera" de Vivaldi.

Antonio Vivaldi foi un músico e compositor italiano do Barroco que escribiu un libro para violín e orquestra titulado "As catro estacións", no que describe diferentes épocas do ano a través de elementos da linguaxe musical. Integran esta grande obra (1725) os concertos: A Primavera, O verán, O Outono e o Inverno.

Distribuir contido


by Dr. Radut