O pasado 29 de outubro os socios da ANPA reuníronse para tratar os eguintes puntos:
1) Estado de contas.
- Antes de nada, é importante sinalar que a directiva da ANPA está ahí para que esta asociación non desapareza e para colaborar na elaboración das actividades que está a disposición dos nosos fillos, si non tamén para solucionar calquer problema que poda xurdir no centro e que lle pode afectar ós alumnos. Polo tanto non é un traballo polo que se cobra, sinon que é unha labor totalmente desinteresada.
- O curso pasado a ANPA contaba cun número moi reducido de socios, este curso sin embargo, somos 125 asociados o cal e moi positivo para a comunidade educativa da que formamos parte.
2) Recollida de tapóns.
- Unha persoa ofreceuse voluntaria para levar os tapóns dende o colexio hasta a zapatería Monterrey, onde se almacenarán hasta que se leven a Ourense a unha asociación que posteriormente axudará a nenos con problemas de saúde.
3) Posibilidade de por a disposición dos alumnos do centro un servicio de comedor. Para tal fin, farase un sondeo previo próximamente para saber quen estaría interesado.
4) Estanse a facer uns carnés para presentar nas tendas que colaboran co centro facendo un desconto nas vosas compras. A próxima semana farase entrega dos ditos carnés e unha relación das tendas que fan desconto e o tipo de desconto que fan.
Non olvidendes de presentalo cada vez que fagades unha compra en ditas tendas.
Eso foi todo. Seguiremos informándovos nesta páxina. Non olvidedes consultala de cando en vez.