Skip to Content

Dependencias

O COLE ESTÁ SINALIZADO CON PICTOGRAMAS!

A sinalización do centro persegue que o colexio sexa accesible. A través dos pictogramas axudamos ao alumnado a comprender a información do seu contorno. Beneficia a todos os nenos e nenas e, especialmente, a aqueles alumnos e alumnas que necesitan apoio na comunicación.

Sinalar o colexio é unha oportunidade cara a sensibilización sobre o mundo TEA.

VISITA VIRTUAL AO CENTRO DE EDUCACIÓN INFANTIL - CURSO 2020/2021

Nestes novos tempos, quixemos poder abrirvos as nosas portas para que poidades visitar o noso centro. Desta volta, poderedes acceder ao noso centro de Educación Infantil no seguinte vídeo.

 

Agardamos por vós!

AS NOSAS INSTALACIÓNS

O CEIP PLURILINGÜE "AMARO REFOJO" está dividido en dous centros, un de Educación Infantil e outro de Educación Primaria:

EDUCACIÓN INFANTIL

6 aulas para titorías
Aula de inglés
Salón de actos- aula de usos múltiples
Conserxería
Servicios de nenos-as
Servicio de mestres-as
Oficina
Despacho material e apoios
Sala de caldeiras
Patio aberto
Patio cuberto

EDUCACIÓN PRIMARIA

12 aulas para titorías
Aula de informática e multimedia
Aula de Inglés
Aula de Música
Aula de Audición e Linguaxe
Aula de Pedagoxía Terapéutica.
Biblioteca
Ximnasio-salón de actos
Despacho de Dirección e Secretaría
Despacho do Dpto. de Orientación
Conserxería
Servicios nenos-nenas, en cada planta
Baño adaptado para minusválidos
Servicios profesores-as
Sala de caldeiras
Ascensor
Patio aberto
Patio cuberto

Aula de Ed. Infantil

Patio de Ed. Infantil

Ximnasio-Salón de Actos de Ed. Primaria

Biblioteca Ed. Primaria

Aula de Música Ed. Primaria

 

Distribuir contido


by Dr. Radut