O pasado mércores, día 7 de xuño tivo lugar a séptima edición da Bicicletada no CEIP Amaro Refojo.
A actividade naceu hai uns anos pola iniciativa do profe de EF Carlos Santamarina, e é agardada e celebrada cada ano polo alumnado do cole con grande ilusión.
Os cursos 3º, 4º 5º e 6º saíron en bicicleta desde o colexio en dirección á Praza García Barbón, percorrendo a rúa da Parroquia e cruzando a N-525 en dirección ao camino vello de Queizás. Desde alí, dous km ata o pobo de Queizás, un pequeño traxecto pola Estrada que une Verín con Feces de Abaixo en dirección a Portugal, e desvío á dereita en dirección ao Balneario de Cabreiroá.
Simultáneamente, o alumnado de 1º e 2º cursos, fixeron unha andaina polas rúas de Verín, para atoparse co resto dos cursos en Cabreiroá.
Unha vez alí, merenda, e xogos e máis xogos ata a hora do regreso, en torno á unha da tarde.
O profesorado, así como os país e nais que quixeron sumarse á actividade, poideron disfrutar tamén da súa merenda.
Ao rematar, regresamos ao cole voltando pola avenida de Sousas.
Como cada ano, a actividade levouse a cabo grazas á inestimable colaboración da Garda Civil, representada polo Xefe Provincial, e pola responsable Provincial de Educación Vial, (sempre disposta e atentísima para colaborar con nós); unha parella de axentes motorizados, os voluntarios de Protección Civil de Verín cos seus vehículos, e a Policía Local de Verín. Sen a súa axuda desinteresada, sería impensable poder realizar este tipo de actividades.
Gustaríanos tamén agradecer a Cabreiroá por darnos auga para todos/as os/as participantes.
A actividade resultou un éxito total, e xa estamos agardando con ilusión o ano que ven para repetila.