Skip to Content

Novas

DÍA DO LIBRO

Nesta sesión o alumnado tiña que programar os robots con paneis con imaxes de contos. Tiñan que ler frases que representaba a ese conto, adiviñas dos protagonistas... e despois programar o TrueTrue para chegar á portada do conto.

 

 

 

 

 

TITORIAL PARA FACER CHAPAS

Co seguinte titorial aprenderemos como facer chapas!

Iniciamos o noso obradoiro de chapas coa conmemoración do Día das Letras Galegas. Este ano homenaxéase a Francisco Fernández del Riego. 

Os Equipos de Biblioteca e Dinamización da Lingua Galega realizaron un deseño para as chapas e será na aula de Polos Creativos onde as faremos. 

Seguide o titorial para coñecer os pasos que debemos seguir coa máquina Button Press We R.

 

 

DÍA MUNDIAL DO AUTISMO

"Infinitas capacidades, necesitan infinitas oportunidades"

 

Por iso hoxe, 2 de abril, conmemoramos o Día Mundial da Concienciación do Autismo. Data elixida pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas para promover a contribución da mellora da calidade de vida das persoas con TEA. 

 

 

 #ChamémoloPoloSeuNome #LlamémosloPorSuNombre #DíaMundialAutismo ♾️

A AULA DE "POLOS CREATIVOS"

Desde este curso, o centro conta co Proxecto de Innovación educativa da Xunta "Polos Creativos". Amosámosvos como está quedando a nova aula con equipación especialitada, facilitado para desenolver o proxecto.

 

O ᗩᗰᗩᖇO ᑎᗩᔕ Oᑎᗪᗩᔕ: ᖴᗩᒪᗩᗰOᔕ ᗪO EᑎTᖇOIᗪO

PodCast de 4º Educación Infantil: Canto sabemos dos cigarróns?

 

PodCast de 5º Educación Infantil - Grupo A: Que foi o que máis  e o que menos che gustou do Desfile Infantil?

 

PodCast de 5º Educación Infantil - Grupo B: Danvos medo os cigarróns?

 

PodCast de 6º Educación Infantil - Grupo A: De que nos disfrazamos no Entroido?

 

PodCast de 6º Educación Infantil - Grupo B: De que nos disfrazamos no Entroido?

 

PodCast de 1º Educación Primaria - Grupo A: Os Vellarróns

 

 

ROBÓTICA ENTROIDEIRA

Chegou a festa máis desexada polo noso alumnado: "O Entroido" e o alumnado de 5 anos traballou cun panel de caretas e antifaces, no que requería ter moita atención e concentración. Tiñan unhas instruccións coa careta de saída e ata onde debían chegar, e uns comandos preparados para organizar a secuencia de movementos. Despois, no panel grande comprobábamos co robot.

As nenas e nenos de 3 anos seguen programando co ratiño e as de 4 anos tiveron un novo amigo chamado Super Doc.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut