Skip to Content

DÍA DA DIVERSIDADE FUNCIONAL

O día 3 de decembro celebrouse o Día da Discapacidade, aínda que no colexio gústanos chamalo Día da Diversidade Funcionak, na que queremos facer visible que todas as persoas temos debilidades e fortalezas que nos fan seres excepcionais.

No panel tiñamos varios códigos QR. Aprendemos o que son e para que serven. Fixemos a lectura do código cunha tablet e falamos de onde podemos atopar estes códigos en Verín. Por exemplo, nalgúns murais pintados nas rúas e así podemos atopar información sobre a obra.

Os nosos códigos levaron ao alumnado a unha canción sobre a temática que estamos a traballar: “Extraordinario” del grupo Maldita Nerea e a un conto titulado “Super Lucia” que nos fala dos superpoderes que todos temos.

As nenas e nenos de 3 anos, tiveron a visita dun novo amigo: o ratiño come queso e axudaron a programalo para chegar a súa porción.

O alumnado de 5 anos coñeceu a Bee Bot. Foi a primeira vez que crearon a secuencia de movementos e programaron a abella robot.

 

 

 

 



page | by Dr. Radut