O mércores, 15 de marzo a apicultora de "Flor de Raíña" de Vilardevós chegou ao Amaro para ensinarnos o mundo das abellas, elaboración do mel e dos produtos derivados. Todo o alumnado de infantil puido degustar estes ricos manxares.
Xa veredes que ben o pasaron coñecendo novas cousas sobre as abellas!