Skip to Content

FESTA DE ENTROIDO

 

Aquí vos deixamos as "Bases do Concurso de Disfraces":

 

As inscripcións faranse ese mesmo día de 16:00 a 16:30 h.

Pódese participar de forma individual ou grupal, sendo estos dun mínimo de 4 persoas e un máximo de 10. No caso de apuntarse de maneira grupal, porase un nome de grupo.

O concurso dará comezo as 16:30 h.

Todos os participantes deben estar preparados con antelación para a sua actuación. Aqueles grupos que necesiten música específica,especificarano na inscripción e a organización encargarase delo.

Todos os participantes teñen que estar presentes durante todo o concurso.

CATEGORÍAS E PREMIOS:

- Disfraz máis orixinal (Libro+ bono toro Mundos de Íker)

- Disfraz máis divertido (Libro + bono Mundos de Íker)

- Disfraz máis sostible (Libro + bono pista de xeo Mundos de Íker)

- Mellor caracterización (Libro + bono Mundos de Íker)

- Mellor interpretación de personaxe (Libro + bono toro)

- Mellor grupo (Libro + bono pista de xeo por cada participante)

O xurado estará formado por membros da organización e profesores do centro.

Unha vez rematado o concurso, teremos un fin de festa cunha discomóbil para todo o alumnado.



page | by Dr. Radut