O martes 14 de xuño os nenos e nenas de terceiro fomos de excursión a Sanabria.
Primeiro, visitamos o Centro de interpretación do Lobo Ibérico. Alí aprendemos moitas cousas sobre os lobos e puidemos desfrutar de velos en vivo e en directo. Foi unha experiencia extraordinaria!!!
Máis tarde, marchamos ao lago de Sanabria onde recuperamos forzas coa comida que levabamos. E o mellor de todo foi que nos bañamos durante un gran rato e tomamos un xeado!!!
Pasámolo xenial!!!