Criterios e procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado
ALUMNADO DESTINATARIO: alumnado de Educación Primaria.
1. Alumnado beneficiario da axuda para adquirir material escolar.
2. Alumnado que non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar que cumpra algunha das seguintes condicións:
a) Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
b) Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
- O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020/2021 NON ten que presentar solicitude.
- O alumnado que estea na situación do punto 2 deberá cubrir os Anexos I e II e entregalos na secretaría do centro previa solicitude de cita.
PRAZO: dende o 16 ata o 27 de novembro de 2020.
NORMATIVA: Orde do 6 de novembro de 2020 (DOG do 13 de novembro)
ANEXOS I e II: Na seguinte ligazón pode descargar o impreso para cubrir a solicitude. Tamén pode recollerse no centro.