Skip to Content

PROCESO DE RESERVA DE PRAZA PARA O INSTITUTO (CURSO 2020/2021)

NOTA INFORMATIVA

Con motivo do proceso de reserva de praza para o curso escolar 2020/2021 dos alumnos de 6º de Educación Primaria para o correspondente centro de adscrición (IES Xesús Taboada Chivite), informamos que a partires do 1 de febreiro comezou o prazo para a presentación das solicitudes. As familias poderán facer a solicitude de reserva de praza mediante:

       -Presentación da solicitude debidamente cumprimentada na secretaría do centro. O impreso da solicitude pódese descargar aquí: solicitude

       -Presentación da solicitude na Sede Electrónica (se dispoñen de certificado dixital ou Chave365) a través da aplicación ADMISIONALUMNADO, na dirección eléctronica www.edu.xunta.es/admisionalumnado

       -Presentación da solicitude de forma telemática a través da aplicación informática ADMISIONALUMNADO, seguindo a seguinte ruta:

                           Solicitudes / Reserva / Crear

IMPORTANTE: Se esta última é a opción elixida, os pais DEBERÁN APORTAR igualmente ao colexio a solicitude co código xerado pola aplicación unha vez cuberta, para que no centro poidamos recuperar e xestionar a devandita solicitude de cara ao centro de destino. Se non se aporta a solicitude co código, a reserva NON será efectiva.

Independientemente da forma de presentación da solicitude, xunto con esta, deberá tamén entregarse cumprimentado o impreso de previsión de matrícula do IES Xesús Taboada Chivite.

Prazo para a presentación das solicitudes: do 1 ó 17 de febreiro

Calquera dúbida será resolta polo centro educativo.            

 

NOTA: Lembren que este proceso é soamente de reserva para garantir a praza e facer unha previsión de matrícula por parte do instituto. Unha vez admitida a solicitude, deberán igualmente matricularse no instituto nos prazos estipulados para a formalización de matrícula (do 25 de xuño ao 10 de xullo de 2020).



blog | by Dr. Radut