NOTA INFORMATIVA Con motivo do proceso de reserva de praza para o curso escolar 2018/2019 dos alumnos de 6º de Educación Primaria para o correspondente centro de adscrición (IES Xesús Taboada Chivite) informamos que a partires do vindeiro 1 de febreiro comeza o prazo para a presentación das solicitudes. As familias poderán facer a solicitude de reserva de praza mediante: -Presentación da solicitude de reserva debidamente cumprimentada na secretaría do centro. O impreso da solicitude pódese descargar aquí: solicitude -Presentación da solicitude de forma telemática a través da aplicación informática ADMISIÓNALUMNADO, na dirección eléctronica www.edu.xunta.es/admisionalumnado, seguindo a seguinte ruta: Solicitudes / Reserva de prazas / Crear solicitude Se esta é a opción elixida, os pais deberán traer igualmente ao colexio a solicitude co código xerado pola aplicación unha vez cuberta, para que o centro poida recuperar e xestionar a solicitude de cara ao centro de destino. Xunto coa solicitude, deberá tamén entregarse o impreso de previsión de matrícula do IES Xesús Taboada Chivite. Prazo para a presentación da solicitude: do 1 ó 15 de febreiro Calquera dúbida será resolta polo centro educativo. |