Skip to Content

RESERVA DE PRAZA PARA O CURSO 2017-18 (ALUMNADO QUE VAI PASAR A SECUNDARIA)

 

NOTA INFORMATIVA   

Con motivo  do proceso de reserva de praza  dos alumnos de 6º de Educación Primaria (curso escolar 2017/2018 ) para o correspondente centro de adscrición (IES Xexús Taboada Chivite) informamos que se implementaron  novas modificacións no proceso. Deste xeito as familias poderán facer a solicitude de reserva de praza de dúas formas diferentes:

   -Presentación da solicitude de reserva de forma manual (coma en cursos anteriores), esta solicitude pódese descargar aquí ou recollerse no centro. Unha vez cumprimentada deberá presentarse na secretaría do colexio.

   -Presentación da solicitude de forma telemática  a través da aplicación  informática ADMISIÓNALUMNADO, coa seguinte dirección eléctronica: www.edu.xunta.es/admisionalumnado, seguindo a seguinte ruta:

               Solicitudes- Solicitudes de reserva- Crear solicitude de reserva

Se esta é a opción elixida, os pais deberán traer igualmente ao colexio a solicitude na que xa aparecerá un código que xerou a aplicación unha vez cuberta esta, para que o  centro poida recuperar e xestionar a solicitude de cara ao centro de destino.

Prazo para a presentación da solicitude: do 1 o 15 de febreiro.

Nota: A reserva adquirirá carácter vinculante e será incompatible coa presentación de solicitude noutro centro, salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

Normativa:ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

 

 



blog | by Dr. Radut