Skip to Content

AVALIACIÓN DE 3º DE E. PRIMARIA

 

Neste curso escolar aplícase por primeira vez a proba de 3º de E. Primaria establecida na LOMCE.

A Consellería de Educación acaba de ditar as instruccións para dita avaliación, das que cabe destacar o seguinte:

  • As probas realizaranse en tódolos centros da Comunidade Autónoma os días 27 e 28 de maio.
  • Trátase dunha avaliación similar ás probas diagnósticas que xa se viñan facendo ata o de agora cos alumnos de 4º de Primaria.
  • Avaliaranse a competencia matemática e a competencia en comunicación lingüística en galego e castelán.
  • Non se trata de medir os coñecementos do alumnado nas materias específicas, senón as súas destrezas, capacidades e habilidades nas áreas de comunicación lingüística e matemática.
  • A proba non terá efectos no expediente académico do alumnado.
  • Os resultados das probas son de uso interno dos docentes, do alumnado e das familias.
  • En función destes resultados os equipos docentes adoptarán as medidas necesarias para a mellora do proceso educativo tanto a nivel de centro como a nivel particular dun alumno.

Na seguinte dirección tedes as instruccións mencionadas así como un enlace para ver modelos de probas elaboradas coa colaboración do MECD e as Comunidades Autónomas:

http://www.edu.xunta.es/web/node/14761



page | by Dr. Radut