Claude MONET naceu en París en 1840. Foi un dos fundadores da pintura IMPRESIONISTA. O termo impresionismo deriva do título da súa obra "Impresión, sol nacente" creada en 1872.
Monet desenvolveu o concepto das "series" nas que un motivo é pintado repetidas veces con distinta iluminación.
A obra que vemos esta semana, "O xardín do artista en Giverny" (1900) está actualmente no Museo de Orsay, París (Francia).