O alumnado de Educación Infantil e de Primaria desenvolveron unha actividade solidaria chamada "Unha carta, un sorriso" que tiña por obxectivo fomentar a empatía cara o alumnado da illa canaria de La Palma, tendo en conta a difícil situación á que se enfrontan, a erupción do volcán de "Cumbre Vieja".
A actividade, levada a cabo pola iniciativa da mestra da área de Relixión, consistiu na elaboración dunha carta por parte de cada alumno e alumna. Estas misivas ían acompañadas de debuxos e mensaxes de apoio e ánimo para os nenos e nenas de El Paso, Los Llanos e Tazacorte. Para rematar a actividade, todos os nenos e nenas acudiron a facer o envío das cartas á Oficina de Correos de Verín.
O Xornal "La Región" fixo eco desta actividade como podedes ver no seguinte vídeo:
No día de hoxe, 8 de xuño de 2020, foron publicadas as listaxes provisionais de alumnos/as admitidos/as e non admitidos/as para o vindeiro curso 2020-2021.
Pódense consultar ditas listaxes no taboleiro de anuncios que se atopa á entrada do colexio ou ben chamando ao teléfono do centro, 988411425, en horario de 9:30 a 13:30h.
O resultado global é o seguinte:
4º E. Infantil: Todas as solicitudes foron admitidas
2º Ed. Primaria: Todas as solicitudes foron admitidas
3º Ed. Primaria: Ao terse presentado máis solicitudes que prazas, foi necesario baremar. Para saber o estado da súa solicitude, consulte no centro.
Prazo de reclamación: do 9 ao 11 de xuño, ambos inclusive.
Publicación das listaxes definitivas: 26 de xuño.
FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULApara o curso 2020/2021:do 1 ao 10 de xullo.
(XULLO 2020) RECOLLIDA DE CHEQUES PARA LIBROS E MATERIAL: Infórmase ás familias que a partires do día16 de xulloe ata o próximovenres 24 de xullopoderán recollerse no centro os cheques de axuda para libros e material escolar en horario de10:00h a 13:00h. Os cheques que non poidan entregarse nesas datas,poderán ser recollidos en setembro.
(XULLO 2020) FONDO DE LIBROS E AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL: Xa están expostas no taboleiro de anuncios do centro as listaxes definitivas co nº de libros que lle corresponde ao alumnado de 3º a 6º de Primaria por materia. Tamén poden chamar ao centro para consultar o estado das súas solicitudes para libros e material (horario de atención: de 10:00 a 13:00h).
A Fundación Otero Pedrayo convoca un concurso literario en homenaxe ao centenario da revista e Xeración NÓS e á figura de Ricardo Carvalho Calero, a quen está dedicado este ano o Día das Letras Galegas. Os/As que esteades interesados/as en participar, debedes mandar unha composición poética antes do 17 de maio ao seguinte email: concurso.fundacion.otero.pedrayo@gmail.com
(Premede na imaxe para ampliar o cartel da convocatoria)
Por outra banda, a Secretaría Xeral de Política Lingüística publicou recentemente un videoclip musical titulado "Todo o día na casiña", ao que se pode acceder premendo na seguinte imaxe:
O domingo, 8 de marzo, celebramos o Día Internacional da Muller Traballadora, que conmemora a loita da muller pola súa participación na sociedade en igualdade co home, polo recoñecemento e exercicio dos seus dereitos. Para sumarnos a dita celebración, entre outras actividades, fixemos un baile no patio que podedes ver neste vídeo: