Skip to Content

Secretaría

FONDO SOLIDADARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

 DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

  • Impreso de solicitude. Pódese recoller no colexio ou descargar aquí:
  • Fotocopia do libro de familia

TEXTO DA CONVOCATORIA NO DOG:

 

LISTAS DEFINITIVAS DE ADMITIDOS/AS E NON ADMITIDOS/AS PARA O CURSO 2017-18

Pincha aquí para acceder á listaxe.

As resolucións definitivas poderán ser obxecto de recurso de alzada ante a Xefatura Territorial no prazo de un mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

Lembramos que o alumnado admitido deberá realizar a MATRICULA do 20 ao 30 de xuño

.

LISTAS PROVISIONAIS DE ADMITIDOS/AS E NON ADMITIDOS/AS PARA O CURSO 2017-18

Listas provisionais de admitidos/as e non admitidos/as

Prazo de reclamación: do 25 de abril ao 2 de maio, ambos inclusive.

Publicación das listas definitivas: 12 de maio.

Formalización da matrícula para o curso 2017-18: do 20 ao 30 de xuño.

 

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2017-18

 CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN 2017-18:

     Prazo de presentación de solicitudes de admisión: do 2 ao 20 de marzo, ambos inclusive

    Prazo de entrega documentación xustificativa dos criterios alegados, no caso de que sexa necesario baremar (cando o número de solicitudes sexa superior             ao de prazas ofertadas): do 23 de marzo ao 5 de abril
    Listado provisional de admitidos e non admitidos: 24 de abril
    Prazo de reclamación: Do 25 de abril ao 2 de maio 
    Exposición de listas definitivas de admitidos e non admitidos: 12 de maio
    Formalización da matrícula: do 20 ao 30 de xuño

PRAZAS OFERTADAS PARA O 2017-18

DOCUMENTACIÓN A APORTAR PARA A SOLICITUDE DE PRAZA:

   - Impreso de solicitude de admisión. Podes solicitalo no centro ou descargalo aquí: galego castelán. Tamén se pode cumprimentar e entregar                        telemáticamente no enderezo https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/, neste caso deberá levarse o código xerado ao centro.

   - Fotocopia do Libro de Familia 

   - No caso de separación dos proxenitores, resolución xudicial xustificativa da separación ou divorcio

NOTA INFORMATIVA SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN:

  • Unha única solicitude: Cada alumno/a só poderá presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, esta terá carácter vinculante, sen perxuízo de que cada solicitude poderá conter unha relación de ata seis centros, advertindo de que a infracción desta norma determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle
  • Comunicación ao centro de orixe: O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
  • Comunicación da renuncia á reserva de praza: O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

ÁREA DE INFLUENCIA DO CENTRO E ÁREAS LIMÍTROFES: VER MAPA

HORARIO DE SECRETARÍA PARA RECOLLIDA E ENTREGA DE SOLICITUDES:

     Luns a venres, de 9:00 a 14:00h.

    
NORMATIVA APLICABLE:

    DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, pola que se regula a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG 26 /12/12)

    ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento de admisión do alumnado (DOG 15/03/13)

     ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12/03/2013 pola que se desenvolve o procedemento para admisión (DOG 1/02/2017) 

 

RESERVA DE PRAZA PARA O CURSO 2017-18 (ALUMNADO QUE VAI PASAR A SECUNDARIA)

 

NOTA INFORMATIVA   

Con motivo  do proceso de reserva de praza  dos alumnos de 6º de Educación Primaria (curso escolar 2017/2018 ) para o correspondente centro de adscrición (IES Xexús Taboada Chivite) informamos que se implementaron  novas modificacións no proceso. Deste xeito as familias poderán facer a solicitude de reserva de praza de dúas formas diferentes:

   -Presentación da solicitude de reserva de forma manual (coma en cursos anteriores), esta solicitude pódese descargar aquí ou recollerse no centro. Unha vez cumprimentada deberá presentarse na secretaría do colexio.

   -Presentación da solicitude de forma telemática  a través da aplicación  informática ADMISIÓNALUMNADO, coa seguinte dirección eléctronica: www.edu.xunta.es/admisionalumnado, seguindo a seguinte ruta:

               Solicitudes- Solicitudes de reserva- Crear solicitude de reserva

Se esta é a opción elixida, os pais deberán traer igualmente ao colexio a solicitude na que xa aparecerá un código que xerou a aplicación unha vez cuberta esta, para que o  centro poida recuperar e xestionar a solicitude de cara ao centro de destino.

Prazo para a presentación da solicitude: do 1 o 15 de febreiro.

Nota: A reserva adquirirá carácter vinculante e será incompatible coa presentación de solicitude noutro centro, salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

Normativa:ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

 

 

COMEZA O CURSO 2016-17

Unha vez rematadas as vacacións, @s alumn@as voltan con renovadas ilusións ao cole. Aquí tedes algunhas imaxes do primeiro día:

 

LISTAXES PROVISIONAIS DAS AXUDAS PARA LIBROS, MATERIAL ESCOLAR E FONDO DE LIBROS

 

1º e 2º NIVEL:

 Solicitudes admitidas e excluídas para axuda de libros e material escolar

 

3º, 4º, 5º, 6º NIVEL:

Solicitudes admitidas para material escolar

Solicitudes excluídas para material escolar

Lista de libros de préstamo (fondo de libros)

Infórmase aos pais de que as listas de libros de préstamo para 3º, 4,º, 5,º e 6º de E. Primaria poderían varias nos próximos días. Estamos pendentes da posible concesión de máis libros por parte da Consellería de Educación para poder cubrir tódalas necesidades do centro. En ningún caso serán beneficiarios de máis libros de préstamo os alumnos/as aos que xa se lles otorgou seis ou máis.

 

 

MATRÍCULA PARA O CURSO 2016-17

Prazo para formalización da matrícula (alumnos novos no centro): do 20 ao 30 de xuño

Documentación a aportar: 

  • Impreso de solicitude de matrícula (descargar anexo iii)
  • Folla de datos complementarios
  • Fotocopia do libro de familia, no caso de que non se entregara anteriormente coa solicitude de admisión
  • Fotocopia da cartilla sanitaria
  • Fotocopia da cartilla de vacinacións
  • Nota médica conforme non padece ningunha enfermidade infecto-contaxiosa
  • Dúas fotografías tamaño carnet
Distribuir contido


by Dr. Radut