Skip to Content

Complementarias

POSTAL DE NADAL 2012

Tomando como base a nosa canción "Así y sólo así es Navidad", fixemos unha montaxe con imaxes do cole, a modo de Postal de Nadal.Tamén tedes un vídeo co "making-of", no que podedes ver como se xestou este maravilloso villancico:

 

AS CASTAÑAS FLOTANTES

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega organizou unha Exposición de traballos feitos con castañas no centro de Infantil e no de Primaria.

A Exposición xirou en torno ó tema da auga aproveitando que este vindeiro ano se conmemora o "Ano Internacional da Auga". 

Unha vez máis as nosas grazas a todos os que participaron   pola calidade dos traballos presentados.

Pinchando nas seguintes imaxes teredes aceso á galería de fotos de dita Exposición.

Exposición Infantil

Exposición Primaria

Actos de fin de curso

Aínda temos recentes as escenas das celebracións de fin de curso: festa da espuma, graduación dos nenos do último curso de E. Infantil, festival de fin de curso, cea de 6º, ...

Desde aquí, queremos darlle sobre todo a noraboa aos nenos e nenas de 5 anos e aos de 6º curso de Primaria, ao rematar unha etapa da súa vida académica e tralo esforzo destes anos.

Deixámosvos aquí un par de vídeos da graduación de 5 anos.

 

    

 

CONTINUAMOS COA CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE TAPÓNS PARA AITANA

Como sabedes, os alumnos/as do colexio están a participar na recollida de tapóns para Aitana, a nena que necesita diñeiro para poder irse a operar aos Estados Unidos. Os nenos e nenas do colexio, dende que se enteraron desta necesidade, enseguida sentíronse solidarios e dispostos a participar.
Desde o primeiro momento, a campaña está a ser un éxito no colexio. Hoxe mesmo imos facer xa a terceira entrega de tapóns.

Se queredes máis información da campaña, podédela consultar aquí: http://www.unasonrisaparaaitana.blogspot.com/

GRAZAS A TODOS/AS POLA VOSA COLABORACION.

FESTIVAL DE NADAL 2011

 

Vídeos das actuacións do Festival de Nadal para ver ou descargar:

 

E. Infantil:

3anosA      3anosB      4anosA      4anosB      5anosA      5anosB

 

E. Primaria:

1ºA      1ºB      3ºA      3ºB      5ºA     5ºB(1)      5ºB(2)      Despedida

      

Nota: os enlaces dos vídeos estarán nesta páxina ata finais de xaneiro, despois xa non se poderán descargar.

UN BELÉN DOCE

Nestes últimos días, os nenos e nenas do colexio elaboraron un Belén feito con material de refugallo e lambetadas. Ademais, vaise utilizar como motivo para a postal de Nadal do centro. Esta actividade forma parte das programadas polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega, dentro do bloque do Nadal que leva por título "Un agasallo para os avós".

Dende o EDLG, MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

(Preme na imaxe para ver máis fotos)

CELEBRAMOS O MAGOSTO 2011

Xa pasou o Magosto e estivemos no Campo dos Remedios facendo xogos tradicionais, cabañas, .... ademais doutras actividades no colexio. Mirade que guapos/as saídes nas imaxes:

(Preme na esquina inferior dereita, sobre o icono)

Por certo, sabedes que o Equipo de Normalización Lingüística organizou un Concurso da Castaña, na que houbo traballos impresionantes pola imaxinación, orixinalidade e esforzo que supuxeron. Nesta tarefa tamén as nais/pais botaron unha man importante. Gracias a toda/os pola colaboración.
Estes son os gañadores do Concurso da Castaña:

EXPOSICIÓN DE CABAZAS SAMAIN 2011

Este ano, igual que nos anteriores, fixemos unha Exposición de Cabazas para o Samaín 2011.

Preme na imaxe para ver as fotos da exposición:

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut