Como sabedes, este ano volvemos a participar no Campionato Internacional SuperTmatik, xunto con colexios de todo o mundo.
Trátase dunha competición de cálculo mental, baseada no seguinte principio:
SuperTmatik= Diferenciación Didáctica + Maior motivación + TIC en clase + Diversión
Durante o curso, os rapaces e rapazas estiveron entrenando duro e xa temos os resultados: un alumno de sexto nivel, Sergio, acadou o 8º posto e Nerea, Álvaro, Juan e Antonio quedaron dentro dos 40 primeiros da súa categoría! Para ver a clasificación dos 10 primeiros de cada categoría, premede aquí: Clasificación final.
Nesta foto podedes ver aos finalistas do colexio (de esquerda a dereita): Nerea, Sergio, Juan, Alejandro, Unai, Antonio, Álvaro e Lucía.
Podedes acceder tamén ao artigo de La Voz de Galicia no que se fai mención á nosa participación: "Los calculines de Verín".
NORABOA A TODOS!!