Skip to Content

blogue deadmin

CANCIÓN: "TENGO EL CORAZÓN ..."

PARTICIPAMOS NO SUPERTMATIK

 

Este curso apuntámonos de novo a Supertmatik, unha competición a nivel internacional que intenta fomentar o cálculo mental dunha forma lúdica.

Ao igual que no curso pasado, o resultado foi moi satisfactorio, xa que a alumna Sara Salgado, de 3º nivel, quedou clasificada no 7º posto da súa categoría,
unha posición moi ventaxosa se temos en conta que se presentaban ao redor de 200.000 nenos de todo o mundo, repartidos en 9 categorías.
NORABOA, SARA!

FONDO SOLIDADARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

 DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

  • Impreso de solicitude. Pódese recoller no colexio ou descargar aquí:
  • Fotocopia do libro de familia

TEXTO DA CONVOCATORIA NO DOG:

 

LISTAS DEFINITIVAS DE ADMITIDOS/AS E NON ADMITIDOS/AS PARA O CURSO 2017-18

Pincha aquí para acceder á listaxe.

As resolucións definitivas poderán ser obxecto de recurso de alzada ante a Xefatura Territorial no prazo de un mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

Lembramos que o alumnado admitido deberá realizar a MATRICULA do 20 ao 30 de xuño

.

LISTAS PROVISIONAIS DE ADMITIDOS/AS E NON ADMITIDOS/AS PARA O CURSO 2017-18

Listas provisionais de admitidos/as e non admitidos/as

Prazo de reclamación: do 25 de abril ao 2 de maio, ambos inclusive.

Publicación das listas definitivas: 12 de maio.

Formalización da matrícula para o curso 2017-18: do 20 ao 30 de xuño.

 

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO 2017

CAMPAMENTOS DE VERÁN 2017

A Dirección Xeral de Xuventude acaba de presentar a oferta de prazas de campamentos para o verán 2017, destinadas a rapaces/as de 9 a 17 anos.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o vindeiro 2 de maio

Nos seguintes enlaces tedes máis información, incluíndo o acceso á cumprimentación telemática da solicitude: 

http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/11217-campamentos-de-veran-2017

http://xuventude.xunta.es/images/accion_de_veran/2017/FOLLETO_CAMPAM_DEF.pdf (descrición dos campamentos, datas, prezos, etc.)

 

 
   

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2017-18

 CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN 2017-18:

     Prazo de presentación de solicitudes de admisión: do 2 ao 20 de marzo, ambos inclusive

    Prazo de entrega documentación xustificativa dos criterios alegados, no caso de que sexa necesario baremar (cando o número de solicitudes sexa superior             ao de prazas ofertadas): do 23 de marzo ao 5 de abril
    Listado provisional de admitidos e non admitidos: 24 de abril
    Prazo de reclamación: Do 25 de abril ao 2 de maio 
    Exposición de listas definitivas de admitidos e non admitidos: 12 de maio
    Formalización da matrícula: do 20 ao 30 de xuño

PRAZAS OFERTADAS PARA O 2017-18

DOCUMENTACIÓN A APORTAR PARA A SOLICITUDE DE PRAZA:

   - Impreso de solicitude de admisión. Podes solicitalo no centro ou descargalo aquí: galego castelán. Tamén se pode cumprimentar e entregar                        telemáticamente no enderezo https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/, neste caso deberá levarse o código xerado ao centro.

   - Fotocopia do Libro de Familia 

   - No caso de separación dos proxenitores, resolución xudicial xustificativa da separación ou divorcio

NOTA INFORMATIVA SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN:

  • Unha única solicitude: Cada alumno/a só poderá presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, esta terá carácter vinculante, sen perxuízo de que cada solicitude poderá conter unha relación de ata seis centros, advertindo de que a infracción desta norma determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle
  • Comunicación ao centro de orixe: O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
  • Comunicación da renuncia á reserva de praza: O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

ÁREA DE INFLUENCIA DO CENTRO E ÁREAS LIMÍTROFES: VER MAPA

HORARIO DE SECRETARÍA PARA RECOLLIDA E ENTREGA DE SOLICITUDES:

     Luns a venres, de 9:00 a 14:00h.

    
NORMATIVA APLICABLE:

    DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, pola que se regula a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG 26 /12/12)

    ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento de admisión do alumnado (DOG 15/03/13)

     ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12/03/2013 pola que se desenvolve o procedemento para admisión (DOG 1/02/2017) 

 

RESERVA DE PRAZA PARA O CURSO 2017-18 (ALUMNADO QUE VAI PASAR A SECUNDARIA)

 

NOTA INFORMATIVA   

Con motivo  do proceso de reserva de praza  dos alumnos de 6º de Educación Primaria (curso escolar 2017/2018 ) para o correspondente centro de adscrición (IES Xexús Taboada Chivite) informamos que se implementaron  novas modificacións no proceso. Deste xeito as familias poderán facer a solicitude de reserva de praza de dúas formas diferentes:

   -Presentación da solicitude de reserva de forma manual (coma en cursos anteriores), esta solicitude pódese descargar aquí ou recollerse no centro. Unha vez cumprimentada deberá presentarse na secretaría do colexio.

   -Presentación da solicitude de forma telemática  a través da aplicación  informática ADMISIÓNALUMNADO, coa seguinte dirección eléctronica: www.edu.xunta.es/admisionalumnado, seguindo a seguinte ruta:

               Solicitudes- Solicitudes de reserva- Crear solicitude de reserva

Se esta é a opción elixida, os pais deberán traer igualmente ao colexio a solicitude na que xa aparecerá un código que xerou a aplicación unha vez cuberta esta, para que o  centro poida recuperar e xestionar a solicitude de cara ao centro de destino.

Prazo para a presentación da solicitude: do 1 o 15 de febreiro.

Nota: A reserva adquirirá carácter vinculante e será incompatible coa presentación de solicitude noutro centro, salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

Normativa:ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

 

 

Festival de Nadal 2016

Aquí tedes os vídeos das diferentes actuacións dos nenos de Infantil e Primaria no Festival de Nadal 2016:

(Nota: se a calidade non é boa, abrir o vídeo en youtube e nos axustes marcar 720p.)

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut