CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN 2019-20:
Prazo de presentación de solicitudes de admisión: do 1 ao 20 de marzo, ambos inclusive
Prazo de entrega documentación xustificativa dos criterios alegados, no caso de que sexa necesario baremar (cando o número de solicitudes sexa superior ao de prazas ofertadas): do 25 de marzo ao 5 de abril Listado provisional de admitidos e non admitidos: 24 de abril Prazo de reclamación: Do 25 de abril ao 2 de maio Exposición de listas definitivas de admitidos e non admitidos: 14 de maio Formalización da matrícula: do 20 ao 30 de xuño
PRAZAS OFERTADAS PARA O 2018-19
DOCUMENTACIÓN A APORTAR PARA A SOLICITUDE DE PRAZA:
- Impreso de solicitude de admisión (Anexo II). Podes solicitalo no centro ou descargalo aquí: galego / castelán. Tamén se pode cumprimentar e entregar telemáticamente no enderezo https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/, neste caso deberá levarse o código xerado ao centro.
- Fotocopia do Libro de Familia
NOTA INFORMATIVA SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN:
- Unha única solicitude: Cada alumno/a só poderá presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, esta terá carácter vinculante, sen perxuízo de que cada solicitude poderá conter unha relación de ata seis centros, advertindo de que a infracción desta norma determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle
- Comunicación ao centro de orixe: O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
- Comunicación da renuncia á reserva de praza: O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
ÁREA DE INFLUENCIA DO CENTRO E ÁREAS LIMÍTROFES: VER MAPA
HORARIO DE SECRETARÍA PARA RECOLLIDA E ENTREGA DE SOLICITUDES:
Luns a venres, de 9:00 a 14:00h.
NORMATIVA APLICABLE:
DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, pola que se regula a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG 26 /12/12)
ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento de admisión do alumnado (DOG 15/03/13)
ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12/03/2013 pola que se desenvolve o procedemento para admisión (DOG 1/02/2017)
|