O pasado martes 8 de Novembro celebramos o Magosto no cole de Primaria.
Ás 10:30 partiron os maiores de 5º E 6º. Unha hora despois nos autobuses sairon os de 1º, 2º, 3º e 4º.
Sobre as 12 xuntámonos todos na veiga de Tintores... E alí... xogamos, collemos leña, asamos castañas, chourizos, tiznámonos un pouco e pasamos un día de Magosto.
O pasado venres 28 de outubro celebramos o Samaín na nosa escola. Dende as catro da tarde tivemos teatro "Corre, corre cabaciña", música "Buah, ja, ja, ja, ja" e os premios dos disfraces da mañá.
Os gañadores de Infantil foron: Lucía (3 anos), Gonzalo (4 anos) e Iris (5 anos). En Primaria, os mellores foron: Leia (6ºA), Yeray (1ºA) e Adán (3ºB).
Tamén tivemos talleres e xogos organizados por FEMURO e finalmente, o riquísimo chocolate con churros grazas a ANPA do colexio.
Moitísimas grazas a todos por axudar e participar nesta actividade.
Este curso volvimos a participar no Campionato Supertmatik, unha competición a nivel mundial para promover o cálculo mental mediante o xogo. Nesta ocasión, temos que felicitar a Raul Vega, de 4º nivel, que acadou nada menos que o cuarto posto na clasificación final. En total participaron máis de 200.000 nenos e nenas de 48 países e concretamente en 4º nivel foron sobre 24.000 os inscritos.
Como sabedes, no colexio hai tempo que contamos cunha Coral Infantil, constituída por rapaces e rapazas dos diferentes cursos de Primaria e baixo a dirección da profesora Maite Pérez. A súa andadura comezou no curso pasado e xa contan cun repertorio amplo de cancións, habendo participado en diversos eventos, dentro e fora do colexio.
Concretamente, a Coral organizou hai uns días -xunto coa axuda doutras personalidades e entidades minicipais e comarcais- unha xornada dedicada a dar cumprida homenaxe ao músico Ángel Barja, natural de Terroso (Vilardevós), na que actuaron as seguintes agrupacións: Coro Parroquial Santa Cruz de Terroso, Coral Infantil Amaro Refojo, Coral Canto Alegre, Coral Amigos da Música, Banda de Gaitas e Charanga Ideal.
Os nenos e nenas da Coral Infantil do Amaro Refojo prepararon e interpretaron varias cancións do libro de Ángel Barja "Música y poesía para niños", do que tedes aquí unha mostra.
Ángel Barja (Terroso 1938 - León 1987)
Interpretación da canción de Ángel Barja "El primer resfriado"
Actuación da banda de gaitas diante da igresa de Terroso
Visita ao taller de Vicente Fernández
Actuación conxunta das corais participantes
A muller de Angel Barja xunto coa directora do coro
Agasallos para os músicos
Peonzas elaboradas no taller de Vicente para agasallar aos músicos
O vindeiro 12 de febreiro celebrarase un concurso de disfraces no patio do colexio de primaria de 16:00 a 18:00.
Haberá premios para as seguintes categorías:
-un premio para o máis orixinal.
-un premio para o máis ecolóxico.
-un premio para o máis divertido.
E golosinas para tódolos nenos (para tranquilidad dos pais comprobouse que as golosinas non tiveran lactosa, gluten ou calquer outro compoñente que produza calquer tipo de alerxia)