Skip to Content

Secretaría

ORIENTACIÓNS PROVISIONAIS PARA O DESENVOLVEMENTO DO TERCEIRO TRIMESTRE DO CURSO 2019-20

A Xunta de Galicia publicou as "Orientacións provisionais do 17 de abril para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso 2019-20 (á espera da publicación da normativa estatal correspondente)". Premendo no seguinte icono podedes acceder a un resumo deste documento.

Orientacións provisionais para o 3º trimestre (resumo)

Por outra banda, o profesorado do centro segue a elaborar propostas de actividades para que os alumnos/as continúen co seu proceso educativo na casa. Estas actividades están enlazadas na sección correspondente para cada curso ou materia no cadro que figura máis abaixo. Recordade que as tarefas, aínda que aconsellables, non son obrigatorias, dado que temos en conta a difícil situación na que nos atopamos e as limitacións que poden ter algúns alumnos/as para acceder a elas. Non poden constituír, polo tanto, un motivo de angustia ou preocupación a maiores. Con respecto aos procesos administrativos (proceso de admisión de alumnado, préstamo de libros, ...), non vos preocupedes, que de momento está todo paralizado. Estade pendentes da páxina web do centro ou da Consellería, onde se informará do que a Xunta decida con respecto ao que queda de curso.

Un saúdo e MOITO ÁNIMO A TODOS/AS!. XA QUEDA MENOS!

A Dirección.

MATERIAIS PARA O ALUMNADO DURANTE O TEMPO DE SUSPENSIÓN DAS ACTIVIDADES LECTIVAS POLO CORONAVIRUS

Segundo instrucións remitidas pola Consellería de Educación, as actividades lectivas presenciais están suspendidas desde o 16 de marzo de 2020, por causa da pandemia de COVID-19. En vista desta situación, desde o colexio xa se lles entregou aos nenos/as diferentes tarefas para facer na casa durante as primeiras dúas semanas. No cadro que tedes abaixo podedes acceder a outros materiais que  o profesorado do centro está deixando para que, na medida do posible, haxa certa continuidade no traballo escolar. É recomendable que fagan algo tódolos días para non perder o ritmo de traballo totalmente. 

As actividades son voluntarias e aconsellables, non obrigatorias. O que non entendan porque non se deu aínda, non teñen que facelo.

Se necesitades poñervos en contacto con algún profesor/a, aquí tedes o listado de correos electrónicos do profesorado.

Moito ánimo e saúdos cordiais para todos, esperando que pronto poidamos superar esta situación tan excepcional.

 

MATERIAIS EDUCATIVOS PARA O ALUMNADO

 

PAUTAS E RECOMENDACIÓNS DO DPTO. DE ORIENTACIÓN

 

ED. INFANTIL

4º NIVEL               5º NIVEL              6º NIVEL

EXP. MUSICAL          INGLÉS             AN.LECTORA

 

ED. PRIMARIA

1º NIVEL               2º NIVEL               3º NIVEL

4º NIVEL               5º NIVEL               6º NIVEL

 

ESPECIALIDADES

   ED. FÍSICA       MÚSICA      INGLÉS/PLÁSTICA 

        PT-AL          VALORES           RELIXIÓN

 

BIBLIOTECA
FACEBOOK DA BIBLIOTECA

 

ACTIVIDADES DE ENTRETEMENTO:

Manualidades infantiles:

https://www.pequeocio.com/manualidades-infantiles/

Contacontos:

O moucho aburrido, por Paula Carballeira:

https://www.youtube.com/watch?v=RbxeBgBs7_Y&feature=share&fbclid=IwAR1ARSwCp4gy-d2FQSnaKUuEc2pJ7L5ShEV9870ilntAAo2UL7gX_-xu9Ww

Os bolechas:

https://www.osbolechas.gal/?fbclid=IwAR1keCXx6rc-WlAGQgM0gUr_GhRt329qgITuNKCBZsG_Cmj3RN-QxQaZKbM

Audiolibros en español:

https://stories.audible.com/discovery/enterprise-discovery-21122525011?ref=adbl_ent_anon_ds_ds_dccs_sbtp-0-8

101 cortos animados que se poden ver en liña:

https://culturacolectiva.com/cine/101-cortos-animados-que-puedes-ver-en-linea-parte-1
https://culturacolectiva.com/cine/101-cortos-animados-que-puedes-ver-en-...
https://culturacolectiva.com/cine/101-cortos-animados-que-puedes-ver-en-...
https://culturacolectiva.com/cine/101-cortos-animados-que-puedes-ver-en-...
https://culturacolectiva.com/cine/101-cortos-animados-que-puedes-ver-en-...
https://culturacolectiva.com/cine/101-cortos-animados-que-puedes-ver-en-...
https://culturacolectiva.com/cine/101-cortos-animados-que-puedes-ver-en-...
https://culturacolectiva.com/cine/101-cortos-animados-que-puedes-ver-en-...
https://culturacolectiva.com/cine/101-cortos-animados-que-puedes-ver-en-...
https://culturacolectiva.com/cine/101-cortos-animados-que-puedes-ver-en-linea-parte-10

42 xogos e ideas creativas para que os nenos sen cole se entreteñan na casa:

https://verne.elpais.com/verne/2020/03/10/articulo/1583860716_492064.html?fbclid=IwAR2YmdWVSs67TfFes7sOegxojuakdRsLe2R

M0Y2OTwlRj_1c0AwYwbe-YQg

 
50 xogos moi económicos e divertidos para disfrutar cos peques da casa:

https://lavozdelmuro.net/32-juegos-muy-economicos-y-divertidos-para-disfrutar-con-los-pequenos-de-la-casa/?fbclid=IwAR01QUaH96DmBi8MrsudKFutcisMZ_sYPExAp3uzY8RU9xvPFezBzPn0NDQ

 Clases online e similares:

TVE, Programación en CLAN TV e La 2 TVE

10 canles de You Tube para que os nenos/as sigan aprendendo en casa:
http://www.ayudaparamaestros.com/2020/03/10-canales-de-you-tube-para-que-los.html?fbclid=IwAR165z9YwcXoNBK14EBuLy6cYGRZAF1k0i19Td3l_SngkAdZ6h3Tv30bVME

PÁXINAS WEBS CON MOITOS RECURSOS EDUCATIVOS:

MÚSICA .- Os mellores recursos musicais para a aula
https://www.educaciontrespuntocero.com/recursos/recursos-musicales-para-...
RECURSOS LORETO .- *Contén recursos interactivos para Ed. Infantil e para Ed. Primaria
http://www.ceiploreto.es/
AULAS GALEGAS .- Contén unha grande variedade de recursos para todos os niveis educativos desde Infantil a Primaria.
http://aulasgalegas.org/

ADMISIÓN ALUMNADO. PROCESO DE RESERVA DE PRAZA - CURSO 2020/2021

CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN 2020/2021:

  • Prazo de presentación de solicitudes de admisión: do 1 ao 20 de marzo, ambos inclusive
  • Prazo de entrega da documentación xustificativa dos criterios alegados, no caso de que sexa necesario baremar (cando o número de solicitudes sexa superior ao de prazas ofertadas): do 25 de marzo ao 7 de abril
  • Listaxe provisional de alumnado admitido e non admitido: 24 de abril
  • Prazo de reclamación: do 25 de abril ao 4 de maio 
  • Exposición de listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido: 14 de maio
  • Formalización da matrícula: do 20 ao 30 de xuño

 

PRAZAS VACANTES OFERTADAS PARA O CURSO 2020/2021

 

DOCUMENTACIÓN A APORTAR PARA A SOLICITUDE DE PRAZA:

  • Impreso de solicitude de admisión (Anexo II). Podes solicitalo no centro ou descargalo aquí: galego / castelán. Tamén se pode cumprimentar e entregar telemáticamente no enderezo:

                                      https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

  • Fotocopia do Libro de Familia ou documento acreditativo da idade do/da alumno/a (no caso de non posuír Libro de Familia).
  • Certificado oficial do expediente académico no caso de solicitar a reserva para un curso académico que así o requira.
  • En caso de separación ou divorcio, fotocopia da sentenza xudicial onde conste a custodia do/da menor.

 

 NOTA INFORMATIVA SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN:

  • Unha única solicitude: Cada alumno/a só poderá presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, esta terá carácter vinculante, sen perxuízo de que cada solicitude poderá conter unha relación de ata seis centros, advertindo de que a infracción desta norma determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle
  • Comunicación ao centro de orixe: O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
  • Comunicación da renuncia á reserva de praza: O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

 

ÁREA DE INFLUENCIA DO CENTRO E ÁREAS LIMÍTROFES: VER MAPA

 

HORARIO DE SECRETARÍA PARA RECOLLIDA E ENTREGA DE SOLICITUDES:

                     Luns a venres, de 9:00 a 13:00h.

    
NORMATIVA APLICABLE:

  • DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, pola que se regula a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG 26 /12/12)
  • ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento de admisión do alumnado (DOG 15/03/13)
  • ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12/03/2013 pola que se desenvolve o procedemento para admisión (DOG 1/02/2017)

XORNADA PORTAS ABERTAS - CURSO 2020/2021

PROCESO DE RESERVA DE PRAZA PARA O INSTITUTO (CURSO 2020/2021)

NOTA INFORMATIVA

Con motivo do proceso de reserva de praza para o curso escolar 2020/2021 dos alumnos de 6º de Educación Primaria para o correspondente centro de adscrición (IES Xesús Taboada Chivite), informamos que a partires do 1 de febreiro comezou o prazo para a presentación das solicitudes. As familias poderán facer a solicitude de reserva de praza mediante:

       -Presentación da solicitude debidamente cumprimentada na secretaría do centro. O impreso da solicitude pódese descargar aquí: solicitude

       -Presentación da solicitude na Sede Electrónica (se dispoñen de certificado dixital ou Chave365) a través da aplicación ADMISIONALUMNADO, na dirección eléctronica www.edu.xunta.es/admisionalumnado

       -Presentación da solicitude de forma telemática a través da aplicación informática ADMISIONALUMNADO, seguindo a seguinte ruta:

                           Solicitudes / Reserva / Crear

IMPORTANTE: Se esta última é a opción elixida, os pais DEBERÁN APORTAR igualmente ao colexio a solicitude co código xerado pola aplicación unha vez cuberta, para que no centro poidamos recuperar e xestionar a devandita solicitude de cara ao centro de destino. Se non se aporta a solicitude co código, a reserva NON será efectiva.

Independientemente da forma de presentación da solicitude, xunto con esta, deberá tamén entregarse cumprimentado o impreso de previsión de matrícula do IES Xesús Taboada Chivite.

Prazo para a presentación das solicitudes: do 1 ó 17 de febreiro

Calquera dúbida será resolta polo centro educativo.            

 

NOTA: Lembren que este proceso é soamente de reserva para garantir a praza e facer unha previsión de matrícula por parte do instituto. Unha vez admitida a solicitude, deberán igualmente matricularse no instituto nos prazos estipulados para a formalización de matrícula (do 25 de xuño ao 10 de xullo de 2020).

REUNIÓN PAIS/NAIS DE ED. INFANTIL

Distribuir contido


by Dr. Radut