Skip to Content

blogue deadmin

FESTIVAL DE NADAL 2018

III EDICIÓN DA BICICLETADA

O venres 28 de setembro tivo lugar a 3ª BICICLETADA DO AMARO. Os alumnos/as de 3º, 4º, 5º e 6º foron os protagonistas, xuntando ao redor de 200 persoas.

No parque de Cabreiroá fixemos a parada para descansar e almorzar; tamén disfrutaron dun circuito que se montou no mesmo parque. O día acompañou e todo foi un éxito.

Como sempre, agredecer a todos aqueles que aportaron o seu gran de area nesta actividade: a DXT (con Sinda á cabeza), o Concello de Verín, o Clube Ciclista Verín, Protección Civil de Verín e de A Gudiña, a Policía Local de Verín, a Garda Civil de Tráfico, Cabreiroá, Hortoverín e aos pais e nais que axudaron aos profes nesta edición. Moitísimas grazas a todos e todas.

Para o ano prometemos cuarta edición... Agora a dar pedais sempre que o tempo acompañe, aproveitade.

BLOG DA BIBLIOTECA

Prestade atención ao BLOG DA BIBLIOTECA para estar ao día das nosas novas. Podedes premer no enlace que está á dereita ou nesta imaxe:

FESTIVAL FIN DE CURSO 2017-18

 
 

SARA SALGADO, CAMPIONA INTERNACIONAL DE CÁLCULO MENTAL

Como xa coñecedes, Sara Salgado, de 4º nivel, obtivo o primeiro premio entre os rapaces/as dos 42 países participantes no concurso SuperTmatik de cálculo mental 2018. Hai uns días fixéronlle unha entrevista na TVG, acompañada do director do colexio, o profe Richard. Aquí tedes o enlace ao vídeo:

VALES DE AXUDA PARA LIBROS E MATERIAL

 

 

 

ABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA PARA NOVOS ALUMNOS/AS. CURSO 2018-19

      

As familias dos novos alumnos/as admitidos para o curso 2018-19 deberán formalizar a matrícula do 20 ao 30 de xuño.

Documentación a aportar: 

  •  Impreso de solicitude de matrícula (descargar anexo iii)
  • Folla de datos complementarios
  • Fotocopia do libro de familia, no caso de que non se entregara anteriormente coa solicitude de admisión
  • Fotocopia do DNI do alumno/a
  • Fotocopia da cartilla sanitaria
  • Fotocopia da cartilla de vacinacións
  • Nota médica conforme non padece ningunha enfermidade infecto-contaxiosa
  • Dúas fotografías tamaño carnet

Horario de Secretaría: de 9 a 14 horas. 

                                   

LISTAS PROVISIONAIS DE ADMITIDOS/AS E NON ADMITIDOS/AS PARA O CURSO 2018-19

LISTAS PROVISIONAIS DE ADMITIDOS/AS E NON ADMITIDOS/AS 

Prazo de reclamación: do 25 de abril ao 3 de maio, ambos inclusive.

Publicación das listas definitivas: 14 de maio.

Formalización da matrícula para o curso 2018-19: do 20 ao 30 de xuño.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut